Un incendio forestal iniciado na tarde deste xoves en Rubiá afecta xa a unhas 200 hectáreas. [Imaxe: @BrifLaza]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/rubia-d06be0a.jpeg)
Un incendio forestal iniciado na tarde deste xoves en Rubiá afecta xa a unhas 200 hectáreas. [Imaxe: @BrifLaza]
Baltar di que antes de 2027 a sede da Deputación de Ourense será “un balneario de referencia en toda Europa”. O presidente provincial presentou este xoves as sondaxes feitas no patio interior do edificio que "indican a existencia dun acuífero termal cun caudal de 3 litros por segundo, a unha temperatura de 41,6 graos e a 172 metros de profundidade”.
A xustiza tomba a esixencia de certificado COVID para entrar na hostalaría porque a Xunta non llo consultou. O Tribunal Superior di que a medida “carece de vixencia” polo “anómalo proceder” do Goberno galego ao non pedir o aval xudicial.
Traballadores de ENCE cortan o tráfico con barricadas nas saídas de Pontevedra cara a Marín e Vigo, provocando importantes retencións. Estao a contar Pontevedra Viva. Imaxe de Antena 3-Galicia.
Desde este mércores están en vigor os descontos para familias numerosas nas autoestradas do Val Miñor e de Carballo, as dúas titularidade da Xunta, tras publicar o DOG deste martes o decreto que os aprobou.
A ex-conselleira Beatriz Mato queda no consello de MásMóvil logo de que a empresa tomase o control de Euskaltel tras a OPA.
Remataron en Toquio os xogos da XXXII Olimpíada da era moderna, na que a representación galega obtivo tres medallas de prata e tres de bronce, o mellor resultado da historia.
Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta :)
O TSXG denega a suspensión cautelarísima da obriga de presentar o certificado de vacinación ou de test negativo da COVID para acceder a locais de hostelaría, tal e como reclamara a asociación empresarial Lugo Monumental no seu recurso contra a medida da Xunta. O Tribunal considera que a entidade non acreditou o prexuízo "concreto" que lle causa a medida como para adoptar esa suspensión urxente. A tramitación do recurso continúa pola vía ordinaria. Noutro auto deste mesmo venres, o TSXG avala a extensión temporal da limitación das reunións de non conviventes que xa estaba vixente.
A Xunta publica no DOG o procedemento para poder pescar nalgúns portos galegos, que esixe declaración responsable, seguro e licenza de pesca marítima de recreo. En 15 portos a pesca estará prohibida, en 79 permitirase nalgúns treitos e en 28 de menores dimensións en todo o recinto.