A policía rexistra as oficinas da antiga Alcoa na Coruña e Avilés. A UDEF entra nas factorías de Alu Ibérica en Galicia e Asturias logo de que a Audiencia Nacional abrise unha investigación pola venda de ambas plantas.
Fálase
A proposta do Ministerio de Sanidade ás comunidades autónomas para Semana Santa implica manter os peches perimetrais autonómicos e o toque de recollida ás dez da noite. A principal oposición á decisión, segundo transcendeu, está no Goberno da Comunidad de Madrid. O Goberno galego di optar pola "prudencia" ante eses días festivos. A decisión tomarase a vindeira semana no Consello Interterritorial de Saúde. Na imaxe, un control de mobilidade pola COVID nunha vila galega.
As infantas Elena e Cristina, irmás do rei, admiten que se vacinaron da COVID-19 nos Emiratos Árabes mentres visitaban ao seu pai, o rei emérito Juan Carlos de Borbón. "Ofrecéronnolo e accedemos", argumentan. (Na imaxe, con Iñaki Urdangarín nunha voda en Suecia en 2010 ©Casa Real)
O xornal británico The Guardian dedícalle unha reportaxe ao Galician Noir, ao fío do éxito acadado por series como O sabor das margaridas, Auga seca ou El desorden que dejas, historias policiacas do xénero negro que converten a ficción creada en Galicia nun referente internacional e que o artigo relaciona coas novelas de Carlos Reigosa e Domingo Villar ou coa investigación de Nacho Carretero en Fariña.
Varios Estados europeos desmárcanse da UE e buscan máis vacinas en Israel, Rusia ou China. Austria, Eslovaquia, Polonia, Hungría ou Dinamarca negocian a adquisición de máis doses.
O paro rexistrado descendeu en 756 inscricións nas oficinas de emprego galegas durante o mes de febreiro e queda en 185.228 persoas, 18.999 máis que un ano antes. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 1.692 persoas e queda en 994.029, 18.324 menos que no mesmo mes de 2020, o último antes da pandemia.
O Goberno de España non cederá á Xunta o Pazo de Meirás para organizar o acto de entrega da medalla Pardo Bazán, que o Executivo galego pretendía celebrar ligado ao 8M contradicindo a súa propia normativa. O Estado subliña que o recinto aínda non está en condicións para acoller actos públicos e cómpre seguir arranxándoo tras a saída dos herdeiros de Franco.
O cemiterio vello de Mondoñedo acolleu unha homenaxe polos 40 anos do falecemento de Álvaro Cunqueiro. [Imaxe: Deputación de Lugo]
Xa pode verse o documental A memoria viva sobre a historia do Centro Galego da Habana e a súa emblemática sede. Elaborado polo xornalista Pablo López, co-fundador de GCiencia, onde se estreou este venres, o documental está a ser tamén divulgado polas secretarías xerais de Emigración e Política Lingüística da Xunta.
A TVG xustifica que non informara da vacinación da alcaldesa de Boimorto tras coñecerse a noticia polos "tempos de procesos informativos". A rexedora deixou o PP pero o partido apoiouna no Concello para continuar á fronte da alcaldía.