O Goberno de España non cederá á Xunta o Pazo de Meirás para organizar o acto de entrega da medalla Pardo Bazán, que o Executivo galego pretendía celebrar ligado ao 8M contradicindo a súa propia normativa. O Estado subliña que o recinto aínda non está en condicións para acoller actos públicos e cómpre seguir arranxándoo tras a saída dos herdeiros de Franco.
