Off the record, de Virxilio Rodríguez Vázquez, gaña a sexta edición do premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. O xurado destacou "o acerto na recreación dunha trama investigadora que transcorre na Galicia bonaerense". Foto: Brais Lorenzo.
Fálase
Nesta vindeira madrugada cambia a hora. Ás 3 volverán ser as 2 para adaptarse ao horario de inverno, unha decisión que segue a erguer o debate, tanto pola idoneidade de manter a mudanza como polo fuso horario que lle comprería a Galicia. Foto: CC-BY Prelude2000
ENTREVISTA | Jorge Mira: "Eliminar o cambio de hora sería asumir que vivimos nunha Terra plana"
Baiuca saíu de Sudán, así o confirman desde Raso Estudio, o selo da banda galega [na imaxe © Raso Estudio]. Tanto Alejandro Guillán como Xosé Lois Romero, Andrea Montero, Adrián Canoura e Alfonso García se atopan xa fóra da capital do país, onde permaneceron na residencia da embaixada española por mor do golpe de estado militar. Despois de cinco días pechados, fican por diante varias escalas en aeroportos ata que cheguen a Galicia. A data exacta do seu regreso dependerá dos voos que poidan coller nas vindeiras horas.
Feijóo anuncia que o novo plan de infraestruturas do Sergas creará 37 centros de saúde e reformará outros 14. Anúnciao tras confirmarse que o orzamento para Atención Primaria deixa de subir durante a súa era á fronte da Xunta sen chegar a superar o da coalición PSdeG-BNG.
Feijóo nomea Almudena Chacón, ata agora interventora xeral da Xunta, nova directora xeral de Orzamentos, despois de ascender o seu anterior titular, Miguel Corgos, tras a morte do anterior conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. O novo interventor xeral da Xunta será Arturo López Iglesias, ata agora auditor do Consello de Contas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia autoriza a Xunta a esixir o certificado COVID de vacinación, recuperación ou unha proba diagnóstica negativa ás persoas maiores de 12 anos para aloxarse nos albergues turísticos con cuartos compartidos que utilicen toda a súa capacidade. Isto non será necesario se o albergue fica ao 50% da súa capacidade máxima nin cando todos os ocupantes realicen as etapas do Camiño de Santiago no territorio galego nun mesmo grupo burbulla ou de convivencia estable. A medida entra en vigor este sábado e permanecerá activa ata o día 20 de novembro.
O alto tribunal considera que é unha medida "proporcionada", xa que entende que supón unha "restrición en grao mínimo de dereitos fundamentais", fronte "á forte salvagarda que se pretende do dereito á vida e á saúde". Os maxistrados constatan a eficacia da vacinación [na imaxe, vacinación simultánea da gripe e da terceira dose contra a COVID na Coruña CC-BY-SA Sergas] e salientan que nos albergues hai persoas de diferentes procedencias "con coberturas vacinais menores que as de Galicia".
Un sismo de 4.4 na escala Richter ao norte de Ortegal rexistrado ás 6.32 horas desta noite sentiuse en boa parte do norte de Galicia. [Imaxe: Instituto Geográfico Nacional]
O Consello da Cultura Galega concede as súas medallas a Luis García Montero, director do Instituto Cervantes, e a Helena González, profesora da Universidade de Barcelona, pola súa contribución na promoción da lingua e a cultura galega no exterior.
Atraca no porto de Ferrol un buque con 20.000 toneladas de carbón para a central térmica de Endesa, preparada xa para volver queimar o mineral malia estar en proceso de clausura no caso de que llo requira Red Eléctrica. A empresa ten outras 40.000 toneladas almacenadas nas Pontes.
A Audiencia Nacional condena o PP e ao seu ex-tesoureiro, Luis Bárcenas, pola reforma da súa sede central da rúa Génova de Madrid (na imaxe) con máis dun millón de euros en diñeiro negro e volve dar por acreditada a existencia dunha 'caixa B' na formación. Por esta peza separada do caso Gürtel, o tribunal impón a Bárcenas dous anos de cárcere, a quen concede a atenuante de confesión, e considera ao partido responsable civil subsidiario do seu delito.