O BOE publica a Lei de Amnistía en Catalunya, o que abre un prazo de dous meses para que os tribunais a apliquen a cada persoa con dereito a ela.

O BOE publica a Lei de Amnistía en Catalunya, o que abre un prazo de dous meses para que os tribunais a apliquen a cada persoa con dereito a ela.
María Piñeiro e Antía Yáñez, gañadoras da segunda edición do certame de artigos organizado en torno ao Congreso As Mulleres que opinan son perigosas, cuxa sétima edición se celebrou o pasado febreiro en Pontevedra. A xornalista de El Progreso é distinguida polo artigo titulado Hablar -publicado en El Progreso- e a escritora, pola peza As leis de Newton -que será publicado proximamente-. Na imaxe, a entrega dos galardóns, este luns. [© Deputación de Pontevedra]
Yolanda Díaz anuncia que abandona o liderado de Sumar despois dos malos resultados acadados pola formación nas eleccións deste domingo. Díaz asume a "responsabilidade" e di que "é necesario dar un paso a un lado para dar un paso adiante na política que importa á xente". Con todo, a política galega confirma que seguirá no Goberno como vicepresidenta e Ministra de Traballo.
AMPLIAMOS | Yolanda Díaz anuncia que dá "un paso a un lado" en Sumar para dar "un paso adiante" no Goberno
Ana Peleteiro, campioa de Europa de triplo salto. A ribeirense acadou unha marca de 14.85 metros na final do campionato europeo de atletismo que se está a celebrar en Roma.
Macron convoca eleccións en Francia: "Non podo facer como se non ocorrese nada". O presidente francés disolve a Asemblea Nacional tras coñecer a victoria do partido de extrema dereita de Le Pen nos comicios europeos e avanza unhas eleccións internas nun discurso dirixíndose á cidadanía francesa.
A Real Academia Galega recibe como membro de honra o profesor, embaixador da lingua e da cultura galegas no Xapón Takekazu Asaka. “Para min, nipogalego, desde hai anos a lingua propia de Galicia é a miña segunda lingua. Ser membro de honra desta institución é o máximo que podería agardar dunha terra e dunha xente que tan ben me acolleron, e que me acollen cada vez que volvo”, asegurou no seu discurso no Auditorio da Xuventude de Cambados. [Fotografía CC-BY-SA RAG]
Este venres detectáronse 1.542 raios en toda Galicia. A partir do mediodía deste venres as tormentas estiveron especialmente presentes na metade sur do país, onde se concentrou a actividade eléctrica. En total, dentro e fóra de Galicia, as redes de Meteogalicia contabilizaron 3.638 raios.
A axencia da ONU para as persoas refuxiadas en Palestina (UNRWA) confirma "cando menos 35 mortes" na "escola-refuxio atacada durante a noite polas forzas israelís sen previo aviso aos desprazados" en Nuseirat (Gaza). "Atacar ou utilizar edificios da ONU con fins militares é un flagrante desprezo do dereito internacional humanitario", advirten, ademais de lembrar que "dende que comezou a ofensiva en Gaza, máis de 180 instalacións da UNRWA foron alcanzadas e, como resultado, máis de 450 persoas desprazadas morreron". [Imaxe: © UNRWA]
O Banco Central Europeo baixa os tipos de interese por primeira vez en oito anos e pon fin á escalada iniciada en 2022. O prezo do diñeiro pasa do 4,25% ao 4%, o que supón un alivio para as familias con hipotecas variables. Porén, o organismo presidido por Christine Lagarde advirte de que a política restritiva continúa e de que as vindeiras reducións de tipos tardarán en chegar
Netflix Brasil producirá unha película baseada na novela O peregrino a Compostela de Paulo Coelho. O medio especializado Deadline avanza en exclusiva que a rodaxe do filme, que conta a historia dun rapaz ao longo do Camiño de Santiago, terá lugar entre España e Brasil. Na imaxe, a edición galega da obra, editada por Galaxia.