Este venres detectáronse 1.542 raios en toda Galicia. A partir do mediodía deste venres as tormentas estiveron especialmente presentes na metade sur do país, onde se concentrou a actividade eléctrica. En total, dentro e fóra de Galicia, as redes de Meteogalicia contabilizaron 3.638 raios.
Fálase
A axencia da ONU para as persoas refuxiadas en Palestina (UNRWA) confirma "cando menos 35 mortes" na "escola-refuxio atacada durante a noite polas forzas israelís sen previo aviso aos desprazados" en Nuseirat (Gaza). "Atacar ou utilizar edificios da ONU con fins militares é un flagrante desprezo do dereito internacional humanitario", advirten, ademais de lembrar que "dende que comezou a ofensiva en Gaza, máis de 180 instalacións da UNRWA foron alcanzadas e, como resultado, máis de 450 persoas desprazadas morreron". [Imaxe: © UNRWA]
- Acampa chama a reflexionar sobre a infancia refuxiada co foco nos 15 mil menores asasinados en Gaza
- Concellos e deputacións galegas achegan axuda humanitaria a Gaza a través da UNRWA
- "A resistencia en Gaza é o único que queda porque non teñen armas, nin exército, nin apoio político ou económico"
- "De Gaza non se pode escapar, está pechada a cal e canto por Israel"
O Banco Central Europeo baixa os tipos de interese por primeira vez en oito anos e pon fin á escalada iniciada en 2022. O prezo do diñeiro pasa do 4,25% ao 4%, o que supón un alivio para as familias con hipotecas variables. Porén, o organismo presidido por Christine Lagarde advirte de que a política restritiva continúa e de que as vindeiras reducións de tipos tardarán en chegar
Netflix Brasil producirá unha película baseada na novela O peregrino a Compostela de Paulo Coelho. O medio especializado Deadline avanza en exclusiva que a rodaxe do filme, que conta a historia dun rapaz ao longo do Camiño de Santiago, terá lugar entre España e Brasil. Na imaxe, a edición galega da obra, editada por Galaxia.
Xosé Manuel Beiras volveu intervir este mércores na Coruña nun mitin do BNG salientando a importancia de Galicia como unha nación recoñecida en Europa. 12 anos despois da ruptura da asemblea de Amio o líder nacionalista participara xa en varios actos co BNG pero sen intervir en público nun mitin, algo que agora se volveu producir a carón de Ana Pontón e da candidata á Eurocámara, Ana Miranda, que lle entregou carteis electorais de cando era portavoz nacional.
- HEMEROTECA (14/-1/2024) | 12 anos e 2,5 quilómetros: "Era importante cicatrizar as feridas"
- HEMEROTECA (15/9/2022) | Beiras, Nogueira, Otero e Suárez Canal secundan a Pontón no inicio da celebración dos 40 anos do BNG
- ENTREVISTA | Ana Miranda: "Se Galiza tivo relevancia en Europa nestes anos foi por levar o BNG os temas galegos"
9X | Principian as eleccións europeas. Hoxe abren as urnas nos Países Baixos e tamén é posible votar xa en Estonia, que xunto con Lituania e Letonia teñen xa aberto o voto anticipado dende hai días. Mañá, venres vótase en Irlanda e Chequia. Italia, Malta, Letonia e Eslovaquia votan dende o sábado e o groso de Estados membros, entre eles España, fano o domingo, 9 de xuño.
Nova carta aberta de Pedro Sánchez tras a citación xudicial da súa esposa como investigada a cinco días das eleccións europeas. "Todo mentira", afirma o presidente do Goberno de España sobre as acusacións da organización ultra Manos Limpias contra Begoña Gómez, antes de advertir de que, ata o día das eleccións, a "coalición ultradereitista" de PP e Vox desenvolverá unha "coidada coreografía" para "condicionar" os comicios.
- OPINIÓN | A denuncia de Begoña Gómez por tráfico de influencias. Por Carlos Amoedo
- HEMEROTECA | Pedro Sánchez queda e promete a "rexeneración pendente da nosa democracia"
O Celta presenta a súa nova camisola, que vestirá a vindeira tempada, e que incorpora o nome dos 313 concellos galegos, co lema "unha camiseta para un país" e destacando que "non pode ser máis de aquí"
O xuíz Juan Carlos Peinado cita como investigada á esposa de Pedro Sánchez, Begoña Gómez, para o vindeiro 5 de xullo no caso iniciado pola querela da organización ultra Manos Limpias. A citación, para dentro dun mes, é ditada cando restan apenas cinco días para as eleccións europeas e tras presentar a Garda Civil un informe que non achou indicio de delito ningún en Begoña Gómez. [Imaxe: © Pool Moncloa]
- OPINIÓN | A denuncia de Begoña Gómez por tráfico de influencias. Por Carlos Amoedo
- HEMEROTECA | Pedro Sánchez queda e promete a "rexeneración pendente da nosa democracia"
María Zamora, unhas das produtoras do filme de Jaione Camborda O Corno, recibe o Premio Nacional de Cinematografía polo "seu apoio ao cine independente e arriscado". Con O Corno logrou a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián e con Alcarràs, de Carla Simón, triunfou no Festival de Berlín. Desde a produtora Elástica Films, María Zamora tamén participou en Matria, de Álvaro Gago, e na película rodada en Galicia María y los demás, de Nely Reguera; ademais segue a colaborar coa directora Carla Simón no filme que rodará este verán na zona de Vigo. O xurado asegura que "fortaleceu a presenza do cine independente español no mercado internacional, incidindo en miradas sensibles e diversas". [Foto co Mestre Mateo á Mellor Película © Andrea Morandeira/AGA]