O Celta presenta a súa nova camisola, que vestirá a vindeira tempada, e que incorpora o nome dos 313 concellos galegos, co lema "unha camiseta para un país" e destacando que "non pode ser máis de aquí"
Fálase
O xuíz Juan Carlos Peinado cita como investigada á esposa de Pedro Sánchez, Begoña Gómez, para o vindeiro 5 de xullo no caso iniciado pola querela da organización ultra Manos Limpias. A citación, para dentro dun mes, é ditada cando restan apenas cinco días para as eleccións europeas e tras presentar a Garda Civil un informe que non achou indicio de delito ningún en Begoña Gómez. [Imaxe: © Pool Moncloa]
- OPINIÓN | A denuncia de Begoña Gómez por tráfico de influencias. Por Carlos Amoedo
- HEMEROTECA | Pedro Sánchez queda e promete a "rexeneración pendente da nosa democracia"
María Zamora, unhas das produtoras do filme de Jaione Camborda O Corno, recibe o Premio Nacional de Cinematografía polo "seu apoio ao cine independente e arriscado". Con O Corno logrou a Cuncha de Ouro do Festival de San Sebastián e con Alcarràs, de Carla Simón, triunfou no Festival de Berlín. Desde a produtora Elástica Films, María Zamora tamén participou en Matria, de Álvaro Gago, e na película rodada en Galicia María y los demás, de Nely Reguera; ademais segue a colaborar coa directora Carla Simón no filme que rodará este verán na zona de Vigo. O xurado asegura que "fortaleceu a presenza do cine independente español no mercado internacional, incidindo en miradas sensibles e diversas". [Foto co Mestre Mateo á Mellor Película © Andrea Morandeira/AGA]
Feijóo abre a porta a presentar unha moción de censura para cuxo triunfo serían imprescindibles tanto Vox como, cando menos, Junts, ERC, Bildu ou o PNV. Sería, di o ex-presidente e actual líder do PP en declaracións a Antena 3 -na imaxe-, tras as eleccións europeas do vindeiro domingo e se existe "o contexto adecuado"
Claudia Sheinbaum será a nova presidenta de México tras gañar con entre o 58,3 e o 60,7% dos votos, segundo a primeira estimación oficial dos resultados. "É o triunfo do pobo, da revolución pacífica das conciencias e do recoñecemento do noso pobo a que é claro o mandato d econtinuar e avanzar coa cuarta transformación da vida pública", di a vencedora. O actual presidente, Andrés López Obrador, considera o triunfo da aspirante da súa coalición de esquerdas "un día de gloria" e dá por seguro que continuarán as "transformacións" do país. Imaxe divulgada polos perfís de Sheinbaum nas redes sociais.
Xosé Manuel Beiras intervirá o mércores na Coruña nun mitin da campaña do BNG para as eleccións europeas. 12 anos despois da ruptura da asemblea de Amio o líder nacionalista participara xa en varios actos co BNG pero sen intervir en público, algo que agora se volverá producir a carón de Ana Pontón e da candidata á Eurocámara, Ana Miranda.
- HEMEROTECA (14/-1/2024) | 12 anos e 2,5 quilómetros: "Era importante cicatrizar as feridas"
- HEMEROTECA (15/9/2022) | Beiras, Nogueira, Otero e Suárez Canal secundan a Pontón no inicio da celebración dos 40 anos do BNG
- ENTREVISTA | Ana Miranda: "Se Galiza tivo relevancia en Europa nestes anos foi por levar o BNG os temas galegos"
A ex-ministra Ana Pastor renuncia á acta de deputada do PP por Pontevedra para fichar pola mutua sanitaria AMA. Pastor, médica de profesión, foi presidenta do Congreso dos Deputados e antes, titular de Sanidade con José María Aznar. Era ministra de Fomento cando entraron en servizo os Alvia da Meseta a Galicia, cando foi desconectado neles o sistema de seguridade ERTMS e cando aconteceu o accidente de Angrois. Posteriormente, manobrou ante a UE na defensa da versión oficial que sinalou o maquinista como único culpable do sinistro. Tras confirmarse a súa renuncia, Rueda eloxia a súa "extensa folla de servzos", así como o seu "compromiso, intelixencia" e "cordialidade".
- HEMEROTECA | A carta coa que Ana Pastor manobrou ante a UE na defensa da versión oficial que culpou o maquinista do accidente de Angrois
- HEMEROTECA | "Ana Pastor foi a persoa que máis traballou desde as institucións para ocultar as causas do accidente", din vítimas de Angrois
- HEMEROTECA | Os ex-ministros Blanco e Pastor desvincúlanse de calquera decisión sobre a seguridade de Angrois
- HEMEROTECA | Ana Pastor promete o traspaso da AP-9 tras frealo como ministra e avalar o seu veto irregular como presidenta do Congreso
O PSOE votará a favor de tramitar no Congreso o traspaso da AP-9 a Galicia, novamente solicitado por unanimidade polo Parlamento de Galicia. O inicio do debate, que será defendido en Madrid o 11 de xuño por Alberto Pazos (PP), Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), non quere dicir que este vaia rematar con éxito.A lei do traspaso tivo que reiniciar o seu percorrido nas Cortes tras caducar por mor das eleccións xerais do pasado ano.
- HEMEROTECA | O Parlamento insiste coa petición unánime do traspaso da AP-9 frustrado xa dúas veces pola lentitude do Congreso
- HEMEROTECA | A caducidade da lei da AP-9 precipita o récord de catro lexislaturas galegas sen ningunha nova competencia
- HEMEROTECA | O Congreso aproba por ampla maioría volver tramitar a lei para traspasar a AP-9 a Galicia
Jácome ofrece a PSdeG e BNG pactar unha moción de censura contra o PP na Deputación de Ourense tras declarárense os populares dispostos a desbancar a DO da alcaldía ourensá. "DO enviou esta mañá unha proposta a dirixentes de PSOE e BNG para tratar unha posible alternativa á presidencia da Deputación", di o rexedor, que sinala como "condición sine qua non" a formulación da censura na institución provincial, que o PP retivo por segundo mandato consecutivo grazas aos seus votos. "Reaccionamos así ao que o PP respondeu á oposición no Concello", resume.
Pontón e Besteiro confirman a súa presenza no partido que a selección masculina de fútbol disputa esta noite en Balaídos. A asistencia ao Galicia - Panamá non consta, cando menos de momento, na axenda oficial do presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Hai oito anos, Alberto Núñez Feijóo acudiu como presidente ao partido da Irmandiña fronte a Venezuela en Riazor. Na imaxe, a selección adestrando este xoves no escenario do encontro [© Federación Galega de Fútbol]