Jácome ofrece a PSdeG e BNG pactar unha moción de censura contra o PP na Deputación de Ourense tras declarárense os populares dispostos a desbancar a DO da alcaldía ourensá. "DO enviou esta mañá unha proposta a dirixentes de PSOE e BNG para tratar unha posible alternativa á presidencia da Deputación", di o rexedor, que sinala como "condición sine qua non" a formulación da censura na institución provincial, que o PP retivo por segundo mandato consecutivo grazas aos seus votos. "Reaccionamos así ao que o PP respondeu á oposición no Concello", resume.
