Donald Trump é declarado culpable de 34 delitos por mercar o silencio dunha actriz porno. A condena non lle impedirá ser candidato en novembro para tentar ser reelixido presidente dos Estados Unidos. [Imaxe: Casa Branca]

Donald Trump é declarado culpable de 34 delitos por mercar o silencio dunha actriz porno. A condena non lle impedirá ser candidato en novembro para tentar ser reelixido presidente dos Estados Unidos. [Imaxe: Casa Branca]
Ayuso anuncia que a Xunta recorrerá a Lei de Amnístía no Tribunal Constitucional. A presidenta da Comunidade de Madrid avanzou que todos os gobernos autonómicos do PP formularán cadanseus recursos contra a norma minutos antes de que fose aprobada no Congreso por maioría absoluta e tamén antes de que interviñese no debate Alberto Núñez Feijóo. Na imaxe, a tamén líder do PP madrileño, con Rueda nun mitin en Vigo durante a pasada campaña electoral galega.
O Congreso dos Deputados aproba definitivamente a Lei de Amnistía e levanta así o veto imposto polo PP no Senado. A votación, realizada mediante o sistema público por chamamento, saíu adiante por maioría absoluta con 177 votos a prol e 172 en contra. Na imaxe [© Congreso], un intre do pleno.
Alberto Pazos (PP), Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) conformarán a delegación do Parlamento que volverá defender no Congreso o 11 de xuño o traspaso da AP-9 a Galicia. Así o vén de aprobar o pleno da Cámara galega. A lei do traspaso tivo que reiniciar o seu percorrido nas Cortes tras caducar por mor das eleccións xerais do pasado ano. Na anterior ocasión a delegación galega estivera conformada por Diego Calvo, Ana Pontón e Gonzalo Caballero.
A Federación Galega de Fútbol asegura prever que a selección feminina tamén volva xogar "antes de que remate o ano". Así o transmitiu á Plataforma Vía Galega, nunha xuntanza na da organización coa entidade federativa ao fío do Galicia - Panamá do vindeiro venres. "Ante a nosa preocupación por non ter fixado ningún partido da selección feminina de fútbol afirmaron que non fora posíbel polo calendario dalgunhas xogadoras, mais comprometéronse a que antes de rematar o ano a nosa selección feminina terá partido internacional", explican. Vía Galega promove unha manifestación pola oficialidade das seleccións galegas antes do partido do venres en Balaídos (18h30, Praza de América) [Imaxe: Vía Galega]
Rueda dá conta nun foro de La Voz de Galicia patrocinado por Abanca do cumprimento das medidas que prometeu para os primeiros cen días do seu segundo goberno. O presidente da Xunta apela, dous días despois da manifestación contra Altri, a "aproveitar as oportunidades que ofrecen as novas industrias". [Imaxe: Xunta de Galicia]
A nova edición de Acampa Coruña incluirá un memorial en lembranza da infancia asasinada en Gaza, ademais da recreación dun campo de persoas refuxiadas. O encontro internacional, que se celebrará na cidade herculina do 7 ao 9 de xuño, presentou o seu programa, que inclúe un minuto de silencio -o domingo 9 ás 12 nos Xardíns de Méndez Núñez- como repulsa ás accións do exército israelí, que asasinou xa 15 mil nenos e nenas.
9X | A CRTVG emite a partir das 10 desta mañá o seu debate polas eleccións europeas. Nel participan Nicolás González Casares (PSdeG), Francisco Millán Mon (PP), Ana Miranda (BNG), Juan Díaz Villoslada (Sumar) e Javier Nart (Ciudadanos). En anteriores convocatorias electorais, o director xeral dos medios públicos, Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu programar os debates electorais ás 10 da mañá e non en horario de máxima audiencia -como si fai a corporación nas eleccións galegas- para "comezar o día construíndo a axenda da actualidade" e que "os galegos e galegas sexan os primeiros en coñecer a opinión dos seus representantes".
O DOG publica os decretos que establecen as estruturas das consellerías do novo Goberno galego saído das eleccións do 18 de febreiro.
Ás 12 está previsto o inicio en Palas de Rei da manifestación contra o proxecto de celulosa de Altri, convocada pola Plataforma Ulloa Viva baixo o lema 'Dende a Ulloa ata a Ría, terra auga e aire son vida'. A marcha comezará no Polígono industrial e rematará na Praza da Feira. Ao longo da mañá rexistráronse importantes retencións nas estradas que levan a Palas e ao paso por vilas como Melide. Foto: @bngboiro