Falece aos 94 anos Nora Cortiñas, fundadora das Nais da Praza de Maio. O seu fillo, Gustavo Cortiñas, foi secuestrado polos golpistas da Arxentina en 1977 e nunca puido coñecer que aconteceu con el. A coñecida como Norita foi "solidaria con todas as loitas do país e do mundo, soubo conectar coas xeracións mozas, que a recoñecen como exemplo de coherencia e militancia", destacan as Nais da Praza de Maio para despedir a quen tomou o apelido do avó do seu fillo, emigrante galego na Arxentina. [Imaxe: © eldiario.es / Fernando Sánchez]
- HEMEROTECA | Nora Cortiñas: "En democracia a Igrexa non debería poder intervir, e menos para protexer a memoria dos xenocidas"
