O PP apunta a que o sobresoldo que paga a Feijóo é para sufragar o alugueiro do chalé no que vive en Madrid, onde o ex-presidente ten outra vivenda en propiedade. Este luns, infoLibre informa sobre "o misterio das dúas vivendas de Feijóo en Madrid". O agora líder do PP leva un ano como senador en representación do Parlamento de Galicia, aínda que el mesmo fixo público que está censado en Madrid, circunscrición pola que agora concorre ás eleccións xerais. Como senador, vén percibindo os 2.037,07 euros mensuais adicionais ao salario base (3.173,83) para "cubrir gastos" representar unha circunscrición de fóra de Madrid. Na imaxe, Feijóo nun encontro con xornalistas acompañado por Mar Sánchez, unha das súas principais asesoras, ex-secretaria de Medios da Xunta e actual número 10 do PP por Madrid ao Congreso.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/52977979577-66d481860a-b-016fe34.jpeg)