O socialista José Tomé, reelixido presidente da Deputación de Lugo cos votos de PSdeG e BNG. O nacionalista Efrén Castro será o novo vicepresidente.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/screenshot-2023-06-30-at-12-40-03-20230630-pleno-de-constitucion-da-nova-corporacion-42f92b0.png)
O socialista José Tomé, reelixido presidente da Deputación de Lugo cos votos de PSdeG e BNG. O nacionalista Efrén Castro será o novo vicepresidente.
Feijóo confirma que non acudirá ao debate en RTVE que si aceptaron Pedro Sánchez, Yolanda Díaz e Santiago Abascal. O PP entende que é un "modelo incompleto" que "carece de interese". Feijóo xa se negara a debater nunhas eleccións galegas tras acceder a facelo nunhas xerais nas que non era candidato.
O 17 de maio (Día das Letras) e o 25 de xullo (Día Nacional de Galicia) serán os dous días festivos de ámbito galego do calendario laboral de 2024, segundo aprobou este xoves o Consello da Xunta. A estes festivos hai que engadir os de ámbito estatal e dous máis que decide cada concello.
A Xunta prorroga seis meses a bonificación adicional do 50% no transporte público autonómico. Os descontos funcionarán nos buses interurbanos, no autobús urbano de Pontevedra e de Ferrol e no transporte de ría entre Vigo e os concellos de Cangas e Moaña.
Luísa Villalta, homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2024, coincidindo co vixésimo aniversariodo seu falecemento. A Real Academia Galega destaca que a poeta e música coruñesa foi unha "xreadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90"
O PP filtra agora que paga a Feijóo 52.346 euros anuais como "gastos de representación", adicionais ao seu soldo como senador en representación do Parlamento de Galicia, remuneración que manterá ata o vindeiro agosto, cando se incorporará ao Congreso. Os conservadores levaban meses negándose a facer pública esta información e mais a aclarar se pagan a vivenda que o ex-presidente ocupa en Madrid. A filtración chegou escasas horas antes da participación do candidato popular no programa televisivo El hormiguero, onde reiterou o seu plan de condicionar á autorización xudicial o dereito ao aborto para mozas de 16 a 18 anos e onde tamén cuestionou a lei de eutanasia, mesturándoa cos coidados e a sedación paliativa.
Betanzos levanta as restricións no consumo da auga despois dun mes logo de que as últimas análises de Sanidade certificasen que é apta. Un virus provocara un brote de gastroenterite que afectou centos de persoas no concello.
A escritora Ledicia Costas, a atleta e médica Susana Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado, o oncólogo Rafael López e Siniestro Total recibiron este 28 de xuño as Medallas Castelao de mans do presidente da Xunta. Os galardóns entréganse cadrando co aniversario do regreso a Galicia dos restos de Castelao en 1984 e tamén do plebiscito do primeiro Estatuto galego, en 1936. No seu discurso, Alfonso Rueda considerou que "o espírito que animou o Estatuto de 1936 e as conviccións galeguistas de Castelao" están "máis presentes ca nunca" en figuras como as das persoas galardoadas. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
Cuarta xornada de folga para reclamar un convenio "digno" no sector do metal da provincia de Pontevedra con milleiros de traballadoras e traballadores manifestándose en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. CIG, CCOO e UGT trasladan un seguimento "practicamente total" nas empresas, mentres censuran que a patronal non se senta a negociar medidas como o mantemento da cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real para compensar a perda de poder adquisitivo dos últimos anos. As tres centrais sindicais anunciaron dúas novas xornadas de folga, previstas para os días 12 e 13 de xullo, que se suman ás xa convocadas para o xoves 6 e o venres 7. [Na imaxe, a manifestación en Vigo CC-BY-SA CIG]
Feijóo desafía o presidente do Senado e négase a revelar canto cobra do PP ata despois das eleccións. O líder dos populares di que non actualizará a súa declaración na Cámara Alta ata o 17 de agosto, cando abandone o seu escano. Foto: PP.