Cuarta xornada de folga para reclamar un convenio "digno" no sector do metal da provincia de Pontevedra con milleiros de traballadoras e traballadores manifestándose en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía. CIG, CCOO e UGT trasladan un seguimento "practicamente total" nas empresas, mentres censuran que a patronal non se senta a negociar medidas como o mantemento da cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real para compensar a perda de poder adquisitivo dos últimos anos. As tres centrais sindicais anunciaron dúas novas xornadas de folga, previstas para os días 12 e 13 de xullo, que se suman ás xa convocadas para o xoves 6 e o venres 7. [Na imaxe, a manifestación en Vigo CC-BY-SA CIG]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/23-06-28-folga-metal-vigo-01-en-tamano-grande-02535d3.jpeg)