O PP obtería 13 dos 23 escanos galegos nas eleccións xerais do 23 de xullo, segundo a sondaxe que publica este sábado La Voz de Galicia. O partido liderado por Núñez Feijóo, co 40,2% dos votos, obtería tres deputados máis que hai catro anos. O PSdeG (26,2%) acadaría 6, catro menos que no 2019). Sumar (13,2%) faríase con 2 escanos, o mesmo que o BNG (10,5%). Nunhas hipotéticas eleccións ao Parlamento galego, o PP repetiría a súa maioría absoluta, con 41 escanos, fronte aos 21 do BNG e os 13 do PSdeG.
