O Tribunal Superior de Xustiza ratifica nove anos e medio de inhabilitación para o ex-alcalde de Muras Issam Alnagm (PP) por contratar persoal para o Concello sen máis proceso selectivo que "o seu libérrimo criterio". O alto tribunal galego, en liña co sentenciado en novembro de 2022 pola Audiencia de Lugo, ve probado que Alnagm contratou como "prescindindo total e absolutamente de calquera tipo de procedemento que garantise os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á función pública". Exímeno, non obstante, de indemnizar unha traballadora. Issam Alnagm perdeu a alcaldía en 2015, cando a logrou o BNG con Manuel Requeijo, que a revalidou en 2019 e outra volta neste 2023. Na imaxe, Issam Alnagm nunha reunión con Rueda como conselleiro en 2010.
