Detidas dez persoas que participaron na manifestación de bateeiros o pasado 13 de abril. A policía informa de que están imputados por delitos de desordes públicas, atentado a axentes da autoridade e lesións e acusa os manifestantes de "acometer con gran violencia contra o dispositivo policial".
