O BNG activa no Parlamento a reclamación do traspaso a Galicia de 35 competencias pendentes. "Despois de 14 anos de inacción do PP nos que non se adquiriu nin unha soa competencia, Galiza está perdendo posición e quedando atrás en poboación, en actividade industrial, en emprego, en servizos públicos… É evidente que non podemos seguir así e, ante a falta de resposta e de pulso do PP, no BNG queremos tomar a iniciativa", sinala Pontón, que defenderá a reactivación deste paquete de traspasos a través dunha proposición non de lei no pleno da Cámara.
- Pontón lanza a reclamación de 35 competencias para "mellorar a vida" en Galicia tras 15 anos sen ningunha
- HEMEROTECA | Do tren á policía: a Xunta redobra as esixencias ao Estado sobre competencias que renunciou a ter
- HEMEROTECA | Feijóo xa é o primeiro presidente da historia da Xunta en deixar o cargo sen sumar competencias