A Fiscalía retira a acusación contra o cargo de Adif polo accidente de Angrois e mantén a petición de catro anos de cadea para o maquinista. O fiscal Mario Piñeiro corrixe nas conclusións finais do xuízo a súa petición inicial e di que Andrés Cortabitarte "non infrinxiu o deber que ostentaba" como director de Seguridade na Circulación de Adif e "actuou de acordo cos procedementos". Máis información ao longo do día en Praza.gal.
