23X | Feijóo reproduce as súas esixencias a Touriño e Quintana en 2009 para debater en campaña: di aceptar un cara a cara se Pedro Sánchez, candidato á reelección polo PSOE, acode representando tamén a Yolanda Díaz, cabeza de cartel de Sumar. Os conservadores tamén din aceptar eventualmente un debate a tres e outro a sete con PSOE, PP, Sumar, Vox, EH-Bildu, ERC e PNV.
