Iribarne, a obra de ButacaZero sobre Manuel Fraga, estrearase o vindeiro 12 de outubro no Centro Dramático Nacional, en Madrid. En xaneiro iniciará a súa xira por Galicia e o resto do Estado. Escrita por Esther F. Carrodeguas e dirixida por Xavier Castiñeira, conta no seu elenco con Mónica García, Xurxo Cortázar, Anxo Outumuro, Lidia Veiga, Jorge Arcos e a propia Carrodeguas, nunha obra con moita música, que pon Berto, e coreografías, a cargo de Sabela Domínguez.
