Margarita Ledo gaña o premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC. O xurado destacou no seu ditame o seu compromiso “incuestionable” co idioma propio de Galicia, “que atravesa de parte a parte a traxectoria vital e profesional” da profesora emérita, primeira muller que acada este galardón. A entrega terá lugar o vindeiro 29 de setembro nun acto institucional no Paraninfo da universidade compostelá.
