O grupo de mercenarios de Wagner desafía a Putin e entra na cidade de Rostov despois de acusar o exécito ruso de atacar os seus campamentos en Ucraína. Imaxe: RG72 (CC BY-SA)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/wagner-tereno-en-la-cerviseva-tombejo-01-dbbc9de.jpeg)
O grupo de mercenarios de Wagner desafía a Putin e entra na cidade de Rostov despois de acusar o exécito ruso de atacar os seus campamentos en Ucraína. Imaxe: RG72 (CC BY-SA)
O uso de máscaras deixará de ser obrigatorio nos hospitais, centros de saúde, farmacias, clínicas de fisioterapia ou consultas de calquera especialidade médica. O Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas aprobaron esta medida na reunión deste venres do Consello Interterritorial del Sistema Nacional de Saúde, presidida polo ministro José Miñones, que levará a proposta á próxima reunión do Consello de Ministros.
Chichi Campos será o autor homenaxeado no Día da Ilustración do 2024. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración destaca que foi unha "figura pioneira da banda deseñada galega e mestre do humor gráfico", un "autor fundamental na Galicia dos anos 70 e 80".
Alerta amarela por calor para este sábado nunha vintena de concellos ourensáns. Meteogalicia activou o aviso amarelo na zona "Miño de Ourense", que comprende a capital ourensá e mais os municipios da Arnoia, Barbadás, Beade, Carballeda de Avia, Cartelle, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón, Nogueira de Ramuín, Padrenda, O Pereiro de Aguiar, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cibrao das Viñas, Taboadela e Toén. Nesta contorna prevé que durante a tarde do sábado se rexistren temperaturas máximas "que poden chegar e mesmo superar os 36ºC".
O Tribunal Superior de Xustiza ratifica nove anos e medio de inhabilitación para o ex-alcalde de Muras Issam Alnagm (PP) por contratar persoal para o Concello sen máis proceso selectivo que "o seu libérrimo criterio". O alto tribunal galego, en liña co sentenciado en novembro de 2022 pola Audiencia de Lugo, ve probado que Alnagm contratou como "prescindindo total e absolutamente de calquera tipo de procedemento que garantise os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade para o acceso á función pública". Exímeno, non obstante, de indemnizar unha traballadora. Issam Alnagm perdeu a alcaldía en 2015, cando a logrou o BNG con Manuel Requeijo, que a revalidou en 2019 e outra volta neste 2023. Na imaxe, Issam Alnagm nunha reunión con Rueda como conselleiro en 2010.
As medallas Castelao deste ano son para a escritora Ledicia Costas, a atleta e médica Susana Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado, o oncólogo Rafael López e para a banda Siniestro Total, segundo aprobou este xoves o Consello da Xunta. Entregaranse o vindeiro 28 de xuño.
Cargas policiais e cortes de tráfico na AP-9 nunha nova xornada de protestas e folga do metal en Vigo. Traballadores cortaron a estrada logo dunha manifestación que se dispersou ao serlles prohibida a entrada no Ifevi, onde se celebra a feira Mindtech organizada pola patronal do sector. Foto: CC BY-NC-SA Galiza Contrainfo.
A CNMC rexistra as sedes de varias compañías eléctricas tras detectar supostas irregularidades. A Comisión Nacional do Mercado e a Competencia entrou nas sedes centrais de Endesa e Naturgy en varias cidades, segundo adiantou El Confidencial.
23X | Feijóo proclama que o Goberno de España promoveu un "experimento de enxeñaría social" na actual lexislatura. O ex-presidente e actual líder do PP volve cuestionar a representatividade do Congreso para aprobar leis ao afirmar que son imposicións de "minorías". Na imaxe, Feijóo e Rueda nun acto do PP en Santiago [CC BY-SA PPdeG]
O TSXG suspende cautelarmente a autorización para a construción doutro parque eólico en Zas e Santa Comba. O alto tribunal sinala que o proxecto de Engasa ocasiona "unha afectación ecosistémica" e que hai indicios dun "potencial efecto danoso de tipo ambiental". O Superior galego emitiu xa varias sentenzas paralizando ou suspendendo as autorizacións de numerosos parques.