Feijóo desafía o presidente do Senado e négase a revelar canto cobra do PP ata despois das eleccións. O líder dos populares di que non actualizará a súa declaración na Cámara Alta ata o 17 de agosto, cando abandone o seu escano. Foto: PP.

Feijóo desafía o presidente do Senado e négase a revelar canto cobra do PP ata despois das eleccións. O líder dos populares di que non actualizará a súa declaración na Cámara Alta ata o 17 de agosto, cando abandone o seu escano. Foto: PP.
José Manuel Baltar advirte de que el é o "garante da unidade" do PP na provincia de Ourense. Unha semana despois de que Alfonso Rueda dese por feito que non volverá optar ao liderado do partido na provincia, o aínda presidente da Deputación en funcións reitera que "o que está claro" é que é el mesmo quen "debe anunciar" se volve presentarse ou non. A pasada fin de semana advertiu, en declaracións a La Región, de que "non marcha". Na imaxe, Baltar saúda a Rueda este martes, na inauguración dun hotel en Nogueira de Ramuín [CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
Docentes e representantes de asociacións de pais e nais mobilízanse ante a sede central da Xunta en San Caetano "pola redución de ratios, mellores horarios docentes, máis recursos para a atención á diversidade e para o ensino rural e polo mantemento da presencialidade na FP". A protesta, convocada pola CIG-Ensino, Anpas Galegas e Erguer, puxo o foco en que o Goberno galego "segue sen reverter os recortes lesivos perpetrados polos gobernos do PP da Xunta e do Estado. [Imaxe: CIG-Ensino]
O Senado dá sete días a Feijóo para aclarar se cobra un sobresoldo do PP adicional á súa remuneración como senador por designación do Parlamento de Galicia. A presidencia da Cámara Alta responde así a unha petición do PSOE nun contexto no que o Consello de Transparencia tamén afeou ao PP non divulgar esta información conforme á lei. Nos últimos días, o ex-presidente admitiu que si percibe ese soldo adicional do seu partido, pero evitou aclarar a cantidade. [Imaxe: © David Mudarra / PP]
23X | As Xuntas Electorais exclúen tres candidaturas ao Congreso na provincia da Coruña e unha na de Pontevedra por non cumpriren os requisitos legais. O BOE publica este martes as listas proclamadas para os comicios xerais do 23X e, no caso galego, proclama todas as presentadas agás as dos partidos Soberanía Ciudadana, Por Un Mundo Más Justo e Partido Comunista dos Traballadores da Galiza na circunscrición coruñesa e a de Por Un Mundo más Justo, na pontevedresa.
23X | Feijóo promete que co PP no Goberno de España se crearía menos emprego que nesta lexislatura co Executivo do PSOE e UP. A promesa lanzada polo ex-presidente e actual candidato popular de chegar a 22 millóns de persoas afiliadas á Seguridade Social en 207 supón reducir case á metade o ritmo de crecemento da afiliación nos últimos cinco anos, como informa infoLibre.
O fume dos grandes incendios de Canadá chega a Galicia e é apreciable na parte noroeste do país, segundo informa Meteogalicia. As imaxes do satélite permiten distinguir a chegada do fume, que se deixa notar en forma de bruma na costa, logo de percorrer máis de 5.000 quilómetros sobre o océano Atlántico. A previsión é que a nube se manteña sobre Galicia durante uns dous días máis.
O Pescados Rubén Burela FS gaña a liga de fútbol sala, que suma aos seus triunfos na Copa da Raíña, a Copa Galicia e a Supercopa nesta tempada. O equipo lucense derrotou o Navalcarnero nos penaltis despois de remontar un 0-2 en contra. As Guerreiras Laranxas obteñen deste xeito o seu quinto título de Liga, unha década depois de gañar o primeiro.
O PP obtería 13 dos 23 escanos galegos nas eleccións xerais do 23 de xullo, segundo a sondaxe que publica este sábado La Voz de Galicia. O partido liderado por Núñez Feijóo, co 40,2% dos votos, obtería tres deputados máis que hai catro anos. O PSdeG (26,2%) acadaría 6, catro menos que no 2019). Sumar (13,2%) faríase con 2 escanos, o mesmo que o BNG (10,5%). Nunhas hipotéticas eleccións ao Parlamento galego, o PP repetiría a súa maioría absoluta, con 41 escanos, fronte aos 21 do BNG e os 13 do PSdeG.
O grupo de mercenarios de Wagner desafía a Putin e entra na cidade de Rostov despois de acusar o exécito ruso de atacar os seus campamentos en Ucraína. Imaxe: RG72 (CC BY-SA)