O PP filtra agora que paga a Feijóo 52.346 euros anuais como "gastos de representación", adicionais ao seu soldo como senador en representación do Parlamento de Galicia, remuneración que manterá ata o vindeiro agosto, cando se incorporará ao Congreso. Os conservadores levaban meses negándose a facer pública esta información e mais a aclarar se pagan a vivenda que o ex-presidente ocupa en Madrid. A filtración chegou escasas horas antes da participación do candidato popular no programa televisivo El hormiguero, onde reiterou o seu plan de condicionar á autorización xudicial o dereito ao aborto para mozas de 16 a 18 anos e onde tamén cuestionou a lei de eutanasia, mesturándoa cos coidados e a sedación paliativa.
- AMPLIAMOS 👉 Feijóo cuestiona as garantías da lei de eutanasia que el mesmo aprobou na Xunta e mestúraa coa sedación paliativa
- HEMEROTECA | Feijóo pecha o seu ano de senador polo Parlamento galego con cinco iniciativas, ningunha sobre Galicia
- HEMEROTECA | Feijóo foi pioneiro en protexer por lei as teses antiabortistas: 13 anos de abeiro da Xunta á 'Red Madre'
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/20230611-arueda-feijoo-3-87d1344.jpeg)