A escritora Ledicia Costas, a atleta e médica Susana Rodríguez Gacio, o empresario Lino de Prado, o oncólogo Rafael López e Siniestro Total recibiron este 28 de xuño as Medallas Castelao de mans do presidente da Xunta. Os galardóns entréganse cadrando co aniversario do regreso a Galicia dos restos de Castelao en 1984 e tamén do plebiscito do primeiro Estatuto galego, en 1936. No seu discurso, Alfonso Rueda considerou que "o espírito que animou o Estatuto de 1936 e as conviccións galeguistas de Castelao" están "máis presentes ca nunca" en figuras como as das persoas galardoadas. [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón / Xunta]
