A Xunta di que "condonará total ou parcialmente" a "débeda" ás persoas sen recursos ás que lles reclama miles de euros por cobraren a Risga mentres agardaban pola concesión do Ingreso Mínimo Vital. "Trátase daquelas persoas que teñen fillos ao seu cargo", especificou no Parlamento a conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha interpelación do BNG. As reclamacións dos cartos débense a que o Goberno galego mantén como incompatibles ambas prestacións na lei de inclusión social de Galicia. (Imaxe: CC BY-SA Conchi Paz / Xunta)
Fálase
O Boletín Oficial do Estado publica este mércores os nove indultos aos presos do 'procés' catalán que seguen encarcerados, aprobados onte polo Consello de Ministros. Prevese que hoxe mesmo poidan saír da cadea.
Castroverde, Cambre e Poio soben ata o nivel medio de restricións pola COVID-19 a partir do sábado, no que se manterán Camariñas e Malpica de Bergantiños. É a última actualización das medidas pola pandemia que vén de comunicar a Xunta. O comité clínico reuniuse este martes para analizar a situación epidemiolóxica de Galicia e decidiu que o resto dos concellos van permanecer no nivel baixo de restricións unha semana máis. [Foto: Ana Varela/Xunta]
- MAPA INTERACTIVO | Restricións da Xunta pola COVID dende o 26 de xuño
O Goberno de España indulta os líderes independentistas cataláns condenados no xuízo do Procès. O presidente Pedro Sánchez realiza unha declaración institucional que se pode seguir nesta ligazón. [Imaxe: © Borja Puig de la Bellacasa / Pool Moncloa]
A xornalista Noelia Otero toma posesión como deputada do PSdeG no Parlamento. Ocupa o escano de Isaura Abelairas, falecida a principios de mes como consecuencia do cancro que padecía. Otero concorreu como independente no número 6 da candidatura socialista ao Parlamento nas eleccións de 2020. (Imaxe: PSdeG)
A Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa aposta por excarcerar os líderes do procés, cuestiona as acusacións de sedición contra eles e oponse ás peticións de extradición para cargos independentistas como Puigdemont. La Vanguardia debulla as conclusións do informe votado este luns, horas antes de que o Goberno de España aprobe os indultos. (Imaxe: © COE)
O Goberno central baixará este xoves o IVE da factura da luz do 21% ao 10% para aliviar o importe disparado do prezo da electricidade das últimas semanas. A medida será permanente para os consumidores domésticos cunha potencia contratada de ata 6 Kw e afectará tamén as pemes cunha inferior a 15Kw.
As sirenas de 33 encoros de toda Galicia soarán este martes nun simulacro de como o farían en caso de ruptura. Aquí podes consultar o horario de cada simulacro.
Pedro Sánchez confirma que o Consello de Ministros aprobará este martes os indultos para os líderes independentistas cataláns condenados no xuízo do 'procés'. O presidente do Goberno de España ratificouno nun acto no Liceu de Barcelona, onde apelou á "concordia" e á necesidade de recuperar a "convivencia e a normalidade".
O Río Breogán ascende á Liga ACB. O equipo lucense imponse ao Granada por 57-83 no partido definitivo da final polo ascenso e regresará na tempada 21-22 á máxima categoría do baloncesto, ao que volve tamén o derbi galego entre o conxunto breoganista e o Obradoiro. (Imaxe: © CB Breogán)