O arqueólogo Alfredo González-Ruibal (@GuerraenlaUni), do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC en Santiago, Premio Nacional de Ensaio por Tierra arrasada, un viaje por la violencia del Paleolítico al siglo XXI (Crítica).
Fálase
Eduardo Zaplana, ex-ministro de Aznar, é condenado a 10 anos por subornos na adxudicación das ITV cando era presidente da Generalitat Valenciana. [Imaxe: Generalitat Valenciana]
O Diario Oficial de Galicia publica a asignación da última convocatoria de axudas para "empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego". Distribúen 200.000 euros a 32 cabeceiras editadas por unha vintena de empresas.
- FAITE DE PRAZA.GAL | Faite socia, faite socio dende 5 euros ao mes
Persoal dos medios públicos en folga lanza un SOS para o “rescate” da CRTVG. Cuarta xornada de paros na Radio Galega e mais na TVG, onde volveron cortar a emisión en directo do programa ‘O Termómetro’, símbolo das protestas pola externalización de contidos, que “agravan a manipulación informativa”, segundo destaca o Comité Intercentros.
Nas concentracións deste luns as traballadoras e traballadores recibiron o apoio do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quen sinalou que a nova lei para os medios públicos impulsada pola Xunta supón unha “volta atrás” nun momento “no que todos deberamos estar traballando na transparencia e na democratización das institucións públicas”; e da secretaria nacional do sindicato CCOO en Galicia, Amelia Pérez.
👉🏻A folga na CRTVG volve interromper a emisión ao vivo e o comité acusa a dirección de tentar "rebentala"O 3% dos concellos galegos aínda non cumpren coa obriga de contar cunha web de transparencia. Así o recolle un estudo do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia, dependente da Xunta. O estudo, que só recolle estatísticas e non identifica os concellos, sinala que o 1,5% carecen aínda de rexistro electrónico e que o 89,4% contan con perfil de Facebook
Retencións de varios quilómetros na AP-9 entre o Salnés e Caldas polas obras no viaduto de Portas que reducen a calzada sentido norte a un só carril.
Netanyahu di que os Cascos Azuis actúan como "escudos humanos" de Hezbolá e esixe á ONU que os retire de Líbano. Israel atacou nas últimas xornadas en varias ocasións a tropas das forzas de pacificación da ONU. [Imaxe: ONU]
Pedro Madruga non foi Cristóbal Colón, segundo un polémico documental baseado nunha investigación con ADN das respectivas familias. A reportaxe, emitida este sábado en TVE, relata a investigación impulsada polo forense José Antonio Lorente, da Universidade de Granada, que foi descartando diversas hipóteses para concluír que Colón era xudeu do Mediterráneo occidental. A investigación, da que aínda non se fixeron publicacións científicas e criticada por outros expertos, non puido descartar outra das teorías galegas sobre a súa orixe, que Colón fose de Poio, polo mal estado dos restos analizados no cemiterio histórico dese concello. [Imaxe: TVE]
🏅Premios da Cultura Galega 2024. A Xunta distingue con estes galardóns "a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia".
- Manuel Lourenzo en Letras
- Joaquín Martínez Silva (Esmerarte) en Música
- Marta Pazos en Artes escénicas
- Ficción Producións en Audiovisual
- Xosé María Pérez Barro en Artes visuais
- Real Club Celta de Vigo en Proxección exterior
- Julia Díaz en Lingua
- Xosé Manuel González en Patrimonio cultural
Terceiro día de folga e novo corte na emisión do programa 'O Termómetro' da TVG, o programa externalizado que deu orixe a enésima protesta do cadro de persoal dos medios públicos galegos. O comité de folga celebra que "as manobras de presión da empresa non amedrentaron abondo" as traballadoras e traballadores da CRTVG, "fartos" de reclamar, segundo destacan nun comunicado, "a fin das inxerencias que sustentan a manipulación informativa". O seguimento da folga –que coincidiu co 'venres negro' 334 do movemento Defende A Galega– foi similar ao do luns e o mércores, segundo o comité, con "máis da metade" das profesionais en activo no momento do paro (de 11.30 a 13h) que abandonaron o seu posto de traballo. [📸 CUT CRTVG]