Eduardo Zaplana, ex-ministro de Aznar, é condenado a 10 anos por subornos na adxudicación das ITV cando era presidente da Generalitat Valenciana. [Imaxe: Generalitat Valenciana]

Eduardo Zaplana, ex-ministro de Aznar, é condenado a 10 anos por subornos na adxudicación das ITV cando era presidente da Generalitat Valenciana. [Imaxe: Generalitat Valenciana]
O Diario Oficial de Galicia publica a asignación da última convocatoria de axudas para "empresas que realizan publicacións periódicas escritas integramente en galego". Distribúen 200.000 euros a 32 cabeceiras editadas por unha vintena de empresas.
Persoal dos medios públicos en folga lanza un SOS para o “rescate” da CRTVG. Cuarta xornada de paros na Radio Galega e mais na TVG, onde volveron cortar a emisión en directo do programa ‘O Termómetro’, símbolo das protestas pola externalización de contidos, que “agravan a manipulación informativa”, segundo destaca o Comité Intercentros.
Nas concentracións deste luns as traballadoras e traballadores recibiron o apoio do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, quen sinalou que a nova lei para os medios públicos impulsada pola Xunta supón unha “volta atrás” nun momento “no que todos deberamos estar traballando na transparencia e na democratización das institucións públicas”; e da secretaria nacional do sindicato CCOO en Galicia, Amelia Pérez.
👉🏻A folga na CRTVG volve interromper a emisión ao vivo e o comité acusa a dirección de tentar "rebentala"
O 3% dos concellos galegos aínda non cumpren coa obriga de contar cunha web de transparencia. Así o recolle un estudo do Observatorio da Sociedade da Información e Modernización de Galicia, dependente da Xunta. O estudo, que só recolle estatísticas e non identifica os concellos, sinala que o 1,5% carecen aínda de rexistro electrónico e que o 89,4% contan con perfil de Facebook
Retencións de varios quilómetros na AP-9 entre o Salnés e Caldas polas obras no viaduto de Portas que reducen a calzada sentido norte a un só carril.
Netanyahu di que os Cascos Azuis actúan como "escudos humanos" de Hezbolá e esixe á ONU que os retire de Líbano. Israel atacou nas últimas xornadas en varias ocasións a tropas das forzas de pacificación da ONU. [Imaxe: ONU]
Pedro Madruga non foi Cristóbal Colón, segundo un polémico documental baseado nunha investigación con ADN das respectivas familias. A reportaxe, emitida este sábado en TVE, relata a investigación impulsada polo forense José Antonio Lorente, da Universidade de Granada, que foi descartando diversas hipóteses para concluír que Colón era xudeu do Mediterráneo occidental. A investigación, da que aínda non se fixeron publicacións científicas e criticada por outros expertos, non puido descartar outra das teorías galegas sobre a súa orixe, que Colón fose de Poio, polo mal estado dos restos analizados no cemiterio histórico dese concello. [Imaxe: TVE]
🏅Premios da Cultura Galega 2024. A Xunta distingue con estes galardóns "a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia".
Terceiro día de folga e novo corte na emisión do programa 'O Termómetro' da TVG, o programa externalizado que deu orixe a enésima protesta do cadro de persoal dos medios públicos galegos. O comité de folga celebra que "as manobras de presión da empresa non amedrentaron abondo" as traballadoras e traballadores da CRTVG, "fartos" de reclamar, segundo destacan nun comunicado, "a fin das inxerencias que sustentan a manipulación informativa". O seguimento da folga –que coincidiu co 'venres negro' 334 do movemento Defende A Galega– foi similar ao do luns e o mércores, segundo o comité, con "máis da metade" das profesionais en activo no momento do paro (de 11.30 a 13h) que abandonaron o seu posto de traballo. [📸 CUT CRTVG]
O embaixador de Palestina, Husni Abdel Wahed, impartiu unha conferencia este xoves no Paraninfo da Universidade da Coruña, á que asistiron un gran número de representantes institucionais. Pola mañá, asinou no Libro de Ouro da Universidade e visitou o Concello e a Deputación da Coruña, onde foi recibido polo presidente, Valentín González Formoso, e o vicepresidente, Xosé Regueira. Foto: BNG A Coruña.