Confirmados cinco asasinatos machistas no Estado. A Delegación do Goberno de España contra a violencia machista manifesta que nos catro casos investigados esta fin de semana, máis nun crime que tivo lugar antes, as mulleres foron asasinadas polo feito de seren mulleres e deixan tres crianzas orfas de nai. Os feminicidios sucederon nas pronvincias de Zaragoza, Valencia, Madrid, Tarragona e Alicante. O Ministerio de Igualdade está a investigar un sexto asasinato en Barcelona. Segundo as cifras oficiais, son 26 as mulleres asasinadas este ano por violencia machista, 1.270 desde 2003. O número de menores de idade orfos a causa destes crimes ascente a 17 no que vai de 2024 e a 450 desde 2013. [Fotografía de arquivo CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo]
Fálase
Falece aos 72 anos o profesor e tradutor Xosé Antón Parada. Exerceu como docente de latín e grego na Pobra do Caramiñal e durante décadas traballou na tradución do acadio ao galego do Código de Hammurabi, pola que foi recoñecido o pasado ano co premio Plácido Castro. Diversas persoas e entidades, como A Mesa Pola Normalización Lingüística e a Fundación Plácido Castro, transmitiron as condolencias polo pasamento de Parada, quen tamén mantivo un activo compromiso militante no BNG e en diversas organizacións culturais.
MEDALLAS DE GALICIA 2024 | O actor Luís Tosar, a Academia Galega do Audiovisual e a produtora Zaza Ceballos recibirán as Medallas de Galicia deste ano 2024. Así o aprobou o Consello da Xunta deste luns co obxectivo, indica o presidente Rueda, de "poñer en valor" o sector audiovisual do país. Os galardóns volverán entregarse o 24 de xullo, polo que a Xunta volve evitar organizar un evento de seu no Día Nacional. [Foto: © Josune Ordóñez]
A selección española de fútbol gaña a Eurocopa masculina tras imporse por 2-1 a Inglaterra na final disputada en Berlín con goles de Nico Williams e Mikel Oyarzabal. [Imaxe: © RFEF]
- ENTREVISTA | Vero Boquete: "Parece que está a sorprender que unha muller comente o fútbol e teña os coñecementos técnicos"
Catro mulleres asasinadas esta fin de semana por violencia machista no Estado. A Delegación do Goberno de España contra a violencia de xénero informou entre o sábado e o domingo de catro feminicidios, tres deles de mulleres menores de 35 anos. Un dos feminicidios tivo lugar na provincia de Valencia, a vítima tiña 32 anos. Outros dous foron en Catalunya: unha muller de 80 anos foi asasinada na provincia de Tarragona e outra de 30 anos na provincia de Barcelona. Por último, este domingo confirmouse que se investiga como violencia machista o crime no que faleceu unha mulle de 29 anos na provincia de Madrid. [Fotografía de arquivo CC-BY-NC-SA Gz Contrainfo]
Atentado nun mitin de Donald Trump en Pensilvania. O expresidente estadounidense resultou ferido leve, segundo confirmou o seu equipo, pero hai dous mortos –incluído o atacante, segundo as autoridades dos EUA– e un ferido grave. Trump, antes de baixar da tribuna rodeado por axentes do servizo secreto, lanzou a mensaxe "fight, fight, fight" ("loita, loita loita"). [Na imaxe, Trump tras os disparos na retransmisión en directo polas canles da súa campaña]
Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, elixido presidente do PP ourensá co 93,74% do apoio no congreso celebrado este sábado, no que participaron os presidentes do PPdeG, Alfonso Rueda, e do PP, Alberto Núñez Feijóo. Ambos líderes tiveron palabras de agradecemento para José Manuel Baltar, ao que Menor sucedeu no ente provincial e agora na presidencia do partido en Ourense: "Erros témolos todos e os acertos non son tan fáciles". [📸 CC-BY-SA PPdeG]
- HEMEROTECA | A maxistrada do Supremo que investiga a Baltar por ir a 215 por hora nun coche oficial pide quitarlle a inmunidade
- HEMEROTECA | Tras o bipartito, o terrorismo: o presidente da Deputación e do PP de Ourense pide o voto "fronte a quen se apoia ou é amigo de terroristas"
- HEMEROTECA | Fin a 36 anos dos Baltar na Deputación de Ourense
'A forza deste país': o BNG presenta a campaña da celebración do Día da Patria, que incluirá múltiples actos por todo o territorio galego para confluír o 25 de xullo nunha manifestación ás 12h dende a Alameda de Santiago. "Hai moitas formas de sentirse galegos e galegas e todas elas son necesarias para construír a Galiza mellor que queremos, porque Galiza é a nación que compartimos e que facemos día a día dende a diversidade", afirmou o responsable de comunicación da formación, Xavier Campos. [📸 Campos e Lucía Pérez na presentación da campaña CC-BY-SA BNG]
A cociñeira Lucía Freitas pregoará as festas do Apóstolo, que principian en Santiago o vindeiro día 19. Freitas "representa dunha maneira magnífica os valores" da cidade, afirma a alcaldesa, Goretti Sanmartín. Dende unha hora antes do pregón, sinalado para as 21h30, o programa festivo inclúe "unha foliada popular" ao que o consistorio convida a "todas as persoas das escolas de baile e grupos folclóricos, grupos de amigos, amigas, por xunto, por separado" sen "importar a idade, condición física ou experiencia".
Vox rompe co PP desfacendo os gobernos en coalición de Castela e León, a Comunitat Valenciana, Murcia, Aragón e Extremadura, e deixará de dar apoio parlamentario a outros gobernos liderados polo PP, como o de Baleares, polo seu desacordo coa acollida de menores migrantes que están sós. Preguntado nunha entrevista no programa de TVE La Noche en 24 horas pola decisión da dirección da formación liderada por Santiago Abascal, o presidente da Xunta sinalou que obedece a un "cálculo electoral" e celebrou que "Galicia está libre de extremismos" e que "non se ten que preocupar" do que faga Vox.