A cociñeira Lucía Freitas pregoará as festas do Apóstolo, que principian en Santiago o vindeiro día 19. Freitas "representa dunha maneira magnífica os valores" da cidade, afirma a alcaldesa, Goretti Sanmartín. Dende unha hora antes do pregón, sinalado para as 21h30, o programa festivo inclúe "unha foliada popular" ao que o consistorio convida a "todas as persoas das escolas de baile e grupos folclóricos, grupos de amigos, amigas, por xunto, por separado" sen "importar a idade, condición física ou experiencia".
