O xuíz da Audiencia Nacional Manuel García-Castellón arquiva a causa por terrorismo contra Tsunami Democràtic despois de que lle anulasen todo o investigado desde xullo de 2021 por un erro que cometeu na solicitude da prórroga da instrución. Neste caso figuran como investigadas dez persoas, entre elas a exsecretaria xeral de ERC, Marta Rovira. Ademais, este arquivo poderá provocar a fin da 'causa especial' tamén por terrorismo aberta contra o expresident catalán Carles Puigdemont e o deputado republicano Rubén Wagensberg, na que ten a última palabra o Tribunal Supremo. [Puigdemont no acto no que anunciou que se presentaba ás eleccións catalás © Junts]
- HEMEROTECA | O regreso de Puigdemont e catro claves máis sobre a batalla do 12M
- HEMEROTECA | A amnistía en Catalunya deixa fóra os delitos considerados terrorismo polo dereito europeo
- HEMEROTECA | Feijóo contempla un indulto a Puigdemont tras media campaña de Rueda contra as concesións a Catalunya
- HEMEROTECA | Rueda secunda a Feijóo e pide a Sánchez que cese a Yolanda Díaz por reunirse con Puigdemont