As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025. O pleno da Real Academia Galega escolleu a candidatura do cancioneiro popular fronte ás outras dúas presentadas, a de Antón Tovar e a de Enrique Labarta Pose. A celebración do vindeiro 17 de maio personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños.
