🇬🇧🗳️O Partido Laborista logra unha gran vitoria nas eleccións do Reino Unido con 407 escanos, a dez deputados do histórico resultado de Tony Blair en 1997. Keir Starmer xa é o novo primeiro ministro británico. Aínda co reconto sen rematar e con máis de vinte escanos por asignar, o golpe dos conservadores do primeiro ministro Rishi Sunak é evidente: perden 273 deputados, conservarían 112. Medra significativamente o Partido Liberal Demócrata, que se sitúa como terceira forza con 69 escanos no Parlamento británico, e a formación ultra de Niguel Farage logra entrar na cámara con catro deputados. [Fotografía da noite electoral dos laboristas © @Keir_Starmer]
👉CRÓNICA | O laborismo regresa catorce anos despois a Downing Street tras varrer do mapa os 'tories'
