🇬🇧🗳️Reino Unido decide se remata cos gobernos conservadores e inicia unha nova etapa co partido laborista en Downing Street. Preto de 50 millóns de persoas poden participar nestas eleccións británicas. As enquisas sinalan que o candidato laborista Keir Starmer podería facer historia e o xa o comparan coa contundente vitoria de Tony Blair cando chegou o poder en 1997. Os tories enfrontan as consecuencias dos escándalos da lexislatura, que levaron o primeiro ministro Rishi Sunak a adiantar os comicios a este 4 de xulllo, cando a formación de ultradereita de Nigel Farage pode aumentar a súa representación. [Na imaxe, Keir Starmer e Rishi Sunak indo a votar © @RishiSunak @Keir_Starmer]
- PODCAST | Té con Gotas (2021): Máis impostos e máis Estado para recuperar a economía británica
- PODCAST | Té con Gotas (2021): Superxoves electoral no Reino Unido: a pandemia reforza os partidos no goberno e o independentismo escocés gaña impulso
- PODCAST | Té con Gotas (2020): Reino Unido di adeus á UE: e agora, que?
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/deseno-sen-nome-aef6d42.jpeg)