Xunta e Deputación de Pontevedra ratifican a compra do antigo Cine Fraga de Vigo a Abanca por 9,3 millóns de euros. A Xunta achegará o 51% e o restante, a institución provincial, segundo detallaron os seus presidentes, Rueda e López, nunha xuntanza este mércores, na que evitaron dar detalles sobre o futuro "plan de usos" do edificio. O histórico edificio comezou a ser rehabilitado por Caixa Galicia en 2008 como centro sociocultural nunha operación duns 16 millóns de euros a piques de finalizar cando se concretou a fracasada fusión con Caixanova.
- HEMEROTECA | REPORTAXE - A "vergoña" de Abanca: o cine Fraga esmorece, rehabilitado, no centro de Vigo
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/infografia-cine-fraga-420e883-1870131.jpeg)