Un artigo publicado na revista especializada The Lancet estima en 186.000 as mortes "atribuíbles ao conflito actual en Gaza". Rasha Khatib, Martin McKee e Salim Yusuf explican que aplicando “unha estimación conservadora” baseada no estudo doutros conflitos habería catro mortes indirectas por cada morte directa, polo tanto, das 37.396 mortes cuantificadas de maneira oficial conclúen que en realidade poden corresponderse con 186.000 falecementos “ou incluso máis”. Isto correspondería, empregando os datos da poboación da Franxa de Gaza de 2022, co 7,9% da poboación. [Fotografía © UNRWA]
- ENTREVISTA | "O espertar da sociedade, tamén da galega, é útil para o pobo palestino"
- HEMEROTECA | Mulleres xuízas de todo o mundo apoian as maxistradas palestinas que se organizan pola igualdade
- HEMEROTECA | Sánchez anuncia o recoñecemento de Palestina como Estado independente coas fronteiras de 1967 admitidas pola ONU