'Heroínas de Sálvora': o buque máis grande, moderno e versátil da frota de Salvamento Marítimo presentouse este venres en Las Palmas de Gran Canaria. "Trátase do mellor buque da frota do noso país destinado a garantir a seguridade marítima e loitar contra a contaminación nos nosos mares", asegurou o ministro de Transportes e Movilidad Sostible, Óscar Puente. O alclade de Ribeira, Luís Pérez Barral, que viaxou ata as illas para a presentación do buque engadiu que "coma ribeirenses estamos orgullosos de que este moderno buque faga homenaxe ás 'Heroínas de Sálvora' co seu nome, tamén nos honra que oito galegos conformen esta tripulación dos cales cinco son de Ribeira".
