Morre Juan Miguel Villar Mir, propietario de Ferroatlántica, aos 92 anos. O empresario exerceu diversos cargos públicos durante a Ditadura e chegou a ser ministro do Goberno de Arias Navarro entre 1975 e 1976. Nos anos 80 do pasado século fíxose co control da construtora OHL e creou o Grupo Villar Mir, propietaria da siderometalúrxica Ferroatlántica, con varias centrais hidroeléctricas no río Xallas e factorías en Cee e Dumbría. En 2019 Villar Mir vendeu parte de Ferroatlántica a un grupo investidor dos Estados Unidos, aínda segue a ter importantes intereses en Galicia, con outra fábrica en Sabón e minas. O empresario foi investigado en varios casos de corrupción.
