A Xunta informa de que Galicia acollerá "26 nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados chegados a Canarias e Ceuta, ante a saturación dos recursos destes territorios". A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou no pleno da Conferencia Sectorial de Infancia e Adolescencia no que as comunidades do PP só aceptaron recibir este ano a 400 menores —347 na Península, 40 en Canarias e 13 en Ceuta— cando na actualidade hai 6.000 nas illas Canarias, que teñen un sistema adaptado para acoller a 2.000. Pola súa banda, Vox emitiu un comunicado no que considera rotos os seus pactos co PP nos diferentes gobernos autonómicos. O partido de extrema dereita celebrará este xoves un comité executivo extraordinario.
- 📺 Rueda diagnostica unha "avalancha" de menores migrantes e acusa o Estado de "traspasar" o "problema" ás autonomías
- Feijóo recicla o dobre discurso sobre menores migrantes e retoma a teoría do "efecto chamada"
- HEMEROTECA | A Xunta confirma a acollida de vinte menores migrantes mentres Feijóo axita a teoría dun "efecto chamada"