MEDALLAS DE GALICIA 2024 | O actor Luís Tosar, a Academia Galega do Audiovisual e a produtora Zaza Ceballos recibirán as Medallas de Galicia deste ano 2024. Así o aprobou o Consello da Xunta deste luns co obxectivo, indica o presidente Rueda, de "poñer en valor" o sector audiovisual do país. Os galardóns volverán entregarse o 24 de xullo, polo que a Xunta volve evitar organizar un evento de seu no Día Nacional. [Foto: © Josune Ordóñez]
