Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coas súas obras Os seres queridos e Un elefante na sala de estar. O XXVI Premio Merlín de Literatura Infantil foi para Ledicia Costas pol'O neno de lume. [Imaxe: © Xerais]
Fálase
O tribunal de apelacións de Londres ditamina que Julian Assange, fundador de Wikileaks, pode ser extraditado aos EUA. "A vida de Julian está unha vez máis ameazada gravemente e tamén o está o dereito dos xornalistas a publicar material que os gobernos e as corporacións consideran inconvenientes", sinalan dende Wikileaks en declaracións que recolle a BBC. Os seus avogados recorrerán a decisión. [Imaxe: © Wikileaks]
Raúl Santos Ageitos coa novela Cornucopia e María Cureses de la Vega coa novela Ni luz ni llanto son os gañadores da XXXIII edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. Os premios buscan achegar os escritores ao público e esta tarde, ás 19h na sala Juanjo Gallo da sede da Deputación, organizan Un Torrente de Convesas, un encontro aberto co xurado no que participarán a poeta Dores Tembrás e os Premios Nacionais de Narrativa Xesús Fraga e Ignacio Martínez de Pisón, moderados pola xornalista Susana Pedreira.
Tanxugueiras participarán no festival no que será elixida a canción que representará a TVE en Eurovisión 2022 cun tema titulado Terra. A representación da corporación estatal elíxese dende este ano a través do reformulado festival de Benidorm, que se celebra o vindeiro xaneiro.
O testemuño para a BBC dunha enfermeira galega nas Urxencias dun hospital de Londres: "Arredor do 80% das persoas que están en Urxencias coa COVID e necesitan soporte respiratorio non están vacinadas", subliña María Santomil.
- DATOS | Galicia rolda o 'pico' da actual vaga outonal da COVID con incidencia semellante á de 2020 e a cuarta parte de mortes
- HEMEROTECA | A Xunta revela que o 65% das persoas ingresadas na UCI co coronavirus no que vai de novembro non están vacinadas
- 🔊PODCAST Té con Gotas | Inmigración, a aliada inesperada do Reino Unido contra o coronavirus
VINTE celebra este xoves, 9 de decembro, o seu terceiro aniversario cunha festa na Coruña. Dende as 21h no Café Universal escoitaremos un episodio ao vivo do podcast Café Derby 21, con Lucía Aldao como convidada. Tamén xogaremos ao Vinte Preguntas, o novo xogo interactivo de VINTE, nunha partida dirixida por Carlos Meixide. E despois, música de baile con Dj Prol McCartney.
Os avisos meteorolóxicos sucédense e as fortes choivas e ventos deste martes van seguidas de neve no leste do país este mércores e ondas e vento en toda costa o xoves, amainando o venres.
A Comisión de Salud Pública, na que están representadas todas as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidad, aproba administrar a vacina da COVID-19 a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos. Unha decisión que chega despois do visto bo da Axencia Europea do Medicamento para subministar esta vacina aos menores de 12 anos. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, avanzou que cada Goberno territorial decidirá a "modalidade" de vacinación. Está previsto que o Estado reciba as doses na segunda quincena deste mes.
Feijóo ve "necesario" seguir defendendo a Constitución e ter "forzas políticas maioritarias que non teñan complexo ningún" en reivindicar a Transición. Foto: PPdeG.
O Burela de fútbol sala feminino é campión de Europa. As ‘guerreiras laranxas’ gañaron este domingo 6-0 ás italianas do Futsal Pescara 1997 na final da Futsal Women's European Champions.