Feijóo ve "necesario" seguir defendendo a Constitución e ter "forzas políticas maioritarias que non teñan complexo ningún" en reivindicar a Transición. Foto: PPdeG.

Feijóo ve "necesario" seguir defendendo a Constitución e ter "forzas políticas maioritarias que non teñan complexo ningún" en reivindicar a Transición. Foto: PPdeG.
O Burela de fútbol sala feminino é campión de Europa. As ‘guerreiras laranxas’ gañaron este domingo 6-0 ás italianas do Futsal Pescara 1997 na final da Futsal Women's European Champions.
Este domingo está activa unha alerta laranxa por temporal costeiro na Coruña e Lugo. Están previstas ondas de 5 a 6 metros con ventos do noroeste. Nas Rías Baixas o nivel será amarelo con ondas de 4 a 5 metros.
Feijóo entrega en persoa as chaves ás persoas con dereito a 25 vivendas de promoción pública en Vigo. Vén sendo habitual que a Xunta divulgue actos nos que membros do Goberno galego protagonizan entregas de chaves ou títulos de propiedade. [Imaxe: Xunta de Galicia]
A Comisión Europea aproba o desembolso dos primeiros 10.000 millóns de euros dos fondos Next Generation para o Goberno de España. Así o confirmou a presidenta, Ursula Von der Leyen, quen destaca que será "o primeiro país en recibir un pagamento" destes fondos en canto se complete a tramitación co visto e prace do resto de Estados membros. Pedro Sánchez valórao como unha "excelente noticia", porque o pagamento implica que a UE dá o seu visto e prace ao "cumprimento dos 52 primeiros fitos do plan de recuperación".
O Poder Xudicial arquiva a denuncia contra a xuíza de Marbella que utilizou expresións como "Galicia profunda" nos argumentos dun auto xudicial co que denegou a unha muller "a garda e custodia do seu fillo". A denuncia fora interposta pola letrada da nai. O instrutor resalta que, segundo a lei vixente, para actuar contra a "utilización en resolucións xudiciais de expresións innecesarias ou improcedentes, extravagantes ou manifestamente ofensivas ou irrespectuosas do punto de vista xurídico" debe haber unha actuación previa do Tribunal Superior -neste caso, Andalucía- se está abordando o asunto a través dun recurso, o cal non sucede neste caso
O Tribunal Supremo confirma a condena de cinco anos e tres meses de prisión para un funcionario do Concello de Vigo pola contratación irregular dunha persoa vinculada á corporación municipal. O alto tribunal ratifica a sentenza da Audiencia de Pontevedra e considera que o que foi xefe de Participación e Atención Cidadá do consistorio vigués "urdiu un plan" para beneficiar a unha familiar da actual presidenta da Deputación de Pontevedra, e ve probados "delitos continuados" de "prevaricación en concurso medial" e "malversación de caudais públicos", e "un delito de falsidade documental en documento mercantil". Así mesmo, o Supremo condena a un ano e seis meses de prisión ao administrador dunha empresa como "cooperador necesario" na operación.
A Xunta prevé pedir á xustiza que a autorice a esixir o certificado COVID tamén en ximnasios ou outros “lugares pechados” nos que haxa “reunións privadas”, segundo avanzou este xoves o presidente Feijóo. O titular do Goberno galego tamén espera comezar a vacinar á rapazada de entre 5 e 12 anos a partir do 14 de decembro.
O bispo de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García, visita o persoal de Alcoa e Jofrasa (que realiza o servizo de limpeza na factoría metalúrxica mariñá), ambos en folga indefinida. A diocese mindoniense, que xa amosara o seu apoio ao persoal mobilizado na folga xeral da Mariña o pasado 17 de novembro, explica que a visita se debe a que "o emprego de centos de familias corre un grave perigo".