Case un cento de positivos da COVID-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, a que presenta maior incidencia da doenza nos últimos días, proceden dun brote nunha empresa avícola de Cambados. Detállao Pontevedra Viva
Fálase
A Filmoteca Española recupera as cores orixinais do filme Pontevedra, cuna de Colón, curtametraxe documental de Enrique Barreiro datada en 1927. Será proxectada no CGAI o día 27 de outubro e, dous días despois, haberá posibilidade de vela a través de internet, na canle da Fimoteca. Así explica neste comunicado o Ministerio de Cultura. O vídeo baixo estas liñas explica o proceso que permitiu recuperar as cores orixinais da fita.
🔊Hai hoxe 10 anos falecía Ana Kiro e VINTE lembra neste podcast á artista e o seu impacto no país
Feijóo anuncia 2 millóns de euros “para apoiar a actividade das orquestras galegas sempre que promovan o Xacobeo 2021”. Vén de avanzalo tras a reunión semanal do Consello da Xunta. Máis detalles, neste espazo de Praza.gal
A Xustiza reparte culpas sobre a frustrada creación en 2016 da Área Metropolitana de Vigo. Un xulgado de Vigo sentenza que a Asemblea da nova administración constituíse correctamente, en contra do que defendía o PP, pero que non podía comezar a funcionar inmediatamente, como quería Abel Caballero, porque non se cumpría o requisito legal de que a cidade estivese xa integrada no Transporte Metropolitano. O xulgado salienta que non lle compete a el dicir por que a día de hoxe aínda non se produciu esa integración, proceso no que Xunta e Concello de Vigo se culpan mutuamente.
12 anos despois de adxudicar as obras, o Ministerio de Transportes abre o primeiro treito da Autovía A-56 Ourense-Lugo na Barrela. O treito, único que estaba en obras desde Guntín, terá máis utilidade para o tráfico que se dirixe de Lugo cara ao Ribeiro que para comunicar coa cidade de Ourense.
O ministro de Xustiza confirma que "a vindeira semana comezarán a tramitarse" as peticións de indulto presentadas para as líderes independentistas catalás Carme Forcadell e Dolors Bassa, que cumpren condena de 11 e 12 anos de cárcere.
Feijóo asegura que Galicia foi "xerme da unidade española" e "prólogo da europea" grazas aos "valores de liberdade, tolerancia e entendemento que representa o Camiño de Santiago". Afirmouno na presentación dun libro da xornalista Isabel San Sebastián, na que o presidente da Xunta participou por videoconferencia dende a sede da Presidencia, en San Caetano. (Imaxe: Xunta)
Este mércores é o día fixado pola Xunta para o adiado comezo do curso en Secundaria. Os sindicatos do ensino desenvolven a segunda xornada de folga para reivindicaren maiores medidas de seguridade nas aulas fronte á COVID-19
O Parlamento celebra hoxe o seu primeiro pleno ordinario tras máis de sete meses. Entre os asuntos a debate, a petición de crear unha comisión de investigación sobre a COVID-19 nas residencias de maiores, tramitada polo BNG e apoiada tamén polo PSdeG, pero que o PP prevé desbotar. A sesión pódese seguir ao vivo na web do Parlamento.