O ministro de Xustiza confirma que "a vindeira semana comezarán a tramitarse" as peticións de indulto presentadas para as líderes independentistas catalás Carme Forcadell e Dolors Bassa, que cumpren condena de 11 e 12 anos de cárcere.
Fálase
Feijóo asegura que Galicia foi "xerme da unidade española" e "prólogo da europea" grazas aos "valores de liberdade, tolerancia e entendemento que representa o Camiño de Santiago". Afirmouno na presentación dun libro da xornalista Isabel San Sebastián, na que o presidente da Xunta participou por videoconferencia dende a sede da Presidencia, en San Caetano. (Imaxe: Xunta)
Este mércores é o día fixado pola Xunta para o adiado comezo do curso en Secundaria. Os sindicatos do ensino desenvolven a segunda xornada de folga para reivindicaren maiores medidas de seguridade nas aulas fronte á COVID-19
O Parlamento celebra hoxe o seu primeiro pleno ordinario tras máis de sete meses. Entre os asuntos a debate, a petición de crear unha comisión de investigación sobre a COVID-19 nas residencias de maiores, tramitada polo BNG e apoiada tamén polo PSdeG, pero que o PP prevé desbotar. A sesión pódese seguir ao vivo na web do Parlamento.
Morre o segundo piloto do hidroavión portugués que caeu a comezos de agosto en Lobios durante a extinción dun incendio, segundo informa La Gaceta de Salamanca, de onde era orixinario. O outro piloto falecera poucos minutos despois do accidente, mentres era atendido no lugar polos servizos de emerxencias.
A Xunta publica no DOG a creación do Comité Educativo de Persoas Expertas para afrontar a emerxencia sanitaria derivada da pandemia. Este organismo, que bota a andar unha vez iniciado o curso escolar en Infantil e Primaria, no día de inicio das clases na universidade e ás portas do adiado curso escolar en Secundaria, estará composto por unha trintena de persoas, entre cargos da Xunta e representantes dos diversos niveis do ensino.
A Xunta decidiu intervir o fogar residencial El Pinar (Culleredo) tralo incremento no número de positivos por coronavirus rexistrado este sábado: 21 infeccións entre os usuarios e 7 entre o persoal
As e os 9 activistas da Casa Cornide serán xulgados o vindeiro 14 de outubro na Coruña. O 26 de setembro do ano 2017 un grupo de militantes do BNG despregou unha faixa no balcón do inmoble, ocupado polos herdeiros do ditador Francisco Franco, que na actualidade están tentando vendelo.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey responde ao Goberno da Cidade de Ceuta que a estatua de Millán Astray "non se moverá" do almacén no que foi depositada "e moito menos para incumprir a Lei da Memoria Histórica”. "A Lei é igual para todos", salienta a rexedora, despois de que Ceuta solicitase a cesión da efixie para exhibila nos actos de conmemoración do centenario da Lexión.
A festa histórica A Bela Auria celebrou en Ourense o centenario da revista Nós, regresando por unhas horas aos inicios do século pasado. A pesar da chuvia, medio milleiro de persoas participaron nas distintas actividades organizadas na cidade.