O Chanfaina Lab, galardoado co XI Premio Especial José Sellier, que concede a Academia Galega do Audiovisual. Este proxecto de creación colectiva leva celebrándose en San Sadurniño dende o ano 2014. Durante unha fin de semana realizadores e realizadoras de toda Galicia xúntanse para elaborar unha peza audiovisual coas xentes, historias e paisaxes deste concello, ao que regresan para presentar os traballos.
Fálase
O Tribunal Superior de Xustiza anula a instrución coa que o Sergas permitiu que o persoal de farmacia de Atención Primaria renove receitas de medicamentos. En resposta a un recurso do Consello Galego de Colexios Médicos, o TSXG conclúe que a Xunta "vulnerou de forma clara e flagrante as funcións" que a lei atribúe a este persoal e desbota que tomase a medida por razóns ligadas á pandemia da COVID, como fixera anteriormente. "Non consta informe, estudo, memoria ou proposta ningunha que avale a necesidade do contido" esta instrución, conclúe. Na imaxe, o conselleiro de Sanidade e a xerente do Sergas, nunha reunión con persoal de farmacia de Atención Primaria, o pasado xullo.
Xusto Ordóñez será o candidato do BNG á alcaldía de Rianxo en substitución de Adolfo Muíños, alcalde da vila dende 2011. A formación anunciou a remuda nun acto con Ana Pontón, quen sinala a Muíños como "exemplo de honestidade e boa xestión". O aínda rexedor, que continuará no cargo ata a fin do mandato, sinala que valorou a decisión "un longo tempo e por razóns persoais decido rematar, pero como militante do BNG seguirei traballando para que, agora con Tito, sigamos tendo a máxima responsabilidade de goberno en Rianxo tras as próximas eleccións municipais"
Deteñen un home polo asasinato a coiteladas de Cristina Cabo, a muller achada sen vida na súa casa de Lugo, segundo ratificou o voceiro da Policía Nacional na cidade, Manuel Arias, en declaracións á TVG. "Non se poden dar máis detalles a respecto deste detido, pero para garantía dos cidadáns e da familia, dicimos que hai unha persoa detida", sinala mentres continúan as pescudas sobre o crime.
O Parlamento homenaxea a Carlos Casares no vixésimo aniversario do seu pasamento. O escritor foi deputado na primeira lexislatura polo PSdeG e, na súa lembranza, a Cámara acolleu unha xornada que incluíu unha mesa redonda coa participación de ex-deputados de diversos grupos (na imaxe), algúns deles membros do lexislativo galego na etapa de Casares: Pilar García Negro, Miguel Barros, Francisco Vázquez, Xosé Luis Barreiro Rivas e Mariano Rajoy. O actual presidente do Parlamento, Miguel Santalices, destacou que para a institución "é unha honra que dúas das figuras homenaxeadas no Día das Letras fosen no seu momento deputados", sinala en referencia a Casares e a Ramón Piñeiro, igualmente deputado do PSdeG tras concorrer aos comicios como independente dentro das súas listas.
Asasinada a coiteladas unha muller na súa casa en Lugo. Sucedeu na rúa Quiroga, nun edificio das coñecidas como casas sindicais. Polo asasinato aínda non se produciron detencións, segundo informa El Progreso, aínda que inicialmente se apuntara a un veciño da vítima, que residía soa. A Policía interroga diversas persoas da contorna da muller asasinada. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, transmitiu este luns o "cariño e solidariedade coas familias e persoas achegadas á vítima" ademais de condenar os feitos e apelar á necesidade de "continuar traballando na loita contra todo tipo de violencias". A rexedora apela á cautela "ante o avance das investigacións para esclarecer os feitos e poder determinar se o acontecido obedece a un novo homicidio machista".
Jorge Crego substitúe como secretario xeral do Partido Comunista de Galicia a Eva Solla, que seguirá na dirección e mantense como coordinadora de Esquerda Unida.
A espera por unha cirurxía en Galicia é dez días superior á de Madrid, segundo os datos de todas as comunidades publicados este venres polo Ministerio de Sanidade. A situación das listas de espera en Galicia no primeiro semestre do ano, aínda non divulgada polo Sergas, foi avanzada por Praza.gal hai dous meses. Os datos estatais permiten agora comprobar que tres comunidades melloran os datos galegos e que Catalunya atópase á cola, co dobre de días de espera por unha operación que en Galicia.Ángel Carracedo recolleu este xoves o premio Otero Pedrayo reivindicando a ciencia como "parte indispensable do acervo cultural". O galardón é organizado de xeito rotatorio polas catro deputacións e neste 2022 correspondeu á da Coruña, cuxo presidente, Valentín González Formoso, destacou na entrega ao catedrático e xenetista como "un pioneiro, un visionario e un extraordinario divulgador científico". Nesta entrevista conversamos con Ángel Carracedo tras a concesión do premio. [Imaxe: Deputación da Coruña]
Aprobados os Orzamentos do Estado para 2023 con 187 votos a favor no Congreso. Despois de catro días de debate, unhas 120 emendas transaccionais e 22 emendas, houbo 156 votos en contra e unha abstención, a do deputado do BNG Néstor Rego. Os Orzamentos se debaterán agora no Senado. "É unha votación que garante a estabilidade política do país", salientou o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez.