Jorge Crego substitúe como secretario xeral do Partido Comunista de Galicia a Eva Solla, que seguirá na dirección e mantense como coordinadora de Esquerda Unida.
Fálase
A espera por unha cirurxía en Galicia é dez días superior á de Madrid, segundo os datos de todas as comunidades publicados este venres polo Ministerio de Sanidade. A situación das listas de espera en Galicia no primeiro semestre do ano, aínda non divulgada polo Sergas, foi avanzada por Praza.gal hai dous meses. Os datos estatais permiten agora comprobar que tres comunidades melloran os datos galegos e que Catalunya atópase á cola, co dobre de días de espera por unha operación que en Galicia.Ángel Carracedo recolleu este xoves o premio Otero Pedrayo reivindicando a ciencia como "parte indispensable do acervo cultural". O galardón é organizado de xeito rotatorio polas catro deputacións e neste 2022 correspondeu á da Coruña, cuxo presidente, Valentín González Formoso, destacou na entrega ao catedrático e xenetista como "un pioneiro, un visionario e un extraordinario divulgador científico". Nesta entrevista conversamos con Ángel Carracedo tras a concesión do premio. [Imaxe: Deputación da Coruña]
Aprobados os Orzamentos do Estado para 2023 con 187 votos a favor no Congreso. Despois de catro días de debate, unhas 120 emendas transaccionais e 22 emendas, houbo 156 votos en contra e unha abstención, a do deputado do BNG Néstor Rego. Os Orzamentos se debaterán agora no Senado. "É unha votación que garante a estabilidade política do país", salientou o presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez.
Comeza a folga de dependentas de Inditex da provincia da Coruña en tendas que principian xa este xoves cos descontos do black friday. "Anticipa un seguimento masivo da folga" para a xornada do venres, sinala a CIG, que convoca o paro xunto coa UGT -que se desmarcou do pacto do propio sindicato e de CCOO coa empresa a nivel estatal-. A reclamación dun incremento salarial que "permita chegar a fin de mes" está no centro da reivindicación. [Imaxe: CIG]
A viguesa Susana Rodríguez Gacio logra o seu cuarto título mundial consecutivo de paratríatlon no campionato que se está a disputar en Abu Dhabi, co que xa ten cinco en total. Completou o percorrido en 1 hora, 8 minutos e 10 segundos xunto á súa guía Sara Löehr e segue engrosando un palmarés no que xa conta, tamén, co ouro dos Xogos Paralímpicos de Toquio. Na imaxe, a triatleta co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, desprazado en Abu Dhabi por ser a Boa Vila sede da Gran Final das Series Mundiais en 2023 [Imaxe: Concello de Pontevedra]
Amplo apoio á ministra de Igualdade, Irene Montero, ante os ataques da extrema dereita no Congreso. "As feministas e as demócratas somos máis e imos parar a esta banda de fascistas con máis dereitos", retrucou Montero tras afirmar unha deputada de Vox, no medio dunha censura xeral á lei de liberdade sexual, que "o único mérito que ten é que estudou en profundidade a Pablo Iglesias". Na imaxe, a ministra expoñendo os orzamentos do seu departamento para 2023, este mércores no Congreso [© Congreso]
- 📺 SESIÓN DE CONTROL | Pontón defende o "avance" da lei de liberdade sexual e censura o "carroñeirismo" do PP, que a chama "covarde" por apoiala
- Colectivos feministas e oposición lamentan a campaña da Xunta polo 25N: "Non somos nós as responsables da violencia"
- HEMEROTECA | Rebaixas de penas por abuso e agresión reabren o debate gobernamental e xurídico sobre a lei de liberdade sexual
Ratificada a folga de dependentas de tendas de Inditex na provincia da Coruña para o 25 de novembro, cadrando co black friday. As traballadoras mobilízanse da man da CIG e tamén da UGT, que se desmarca do pacto coa empresa asinado a nivel estatal por este sindicato e mais por CC.OO. No centro da reivindicación, sinalan, está un incremento salarial digno "que nos permita chegar a fin de mes". [Imaxe: CC BY-NC-SA CIG]
Feijóo presenta a Rueda nun almorzo informativo en Madrid asegurando que o Goberno de España traballa a prol de "independentistas", "malversadores", "okupas" e "agresores sexuais". Tamén erixiu o Executivo galego en garantía de "estabilidade" e "moderación. Durante o encontro, organizado pola axencia Europa Press, o presidente da Xunta afirmou que en 2023 "Galicia seguirá sendo a comunidade que máis intensamente apoia as familias" e acusou a Pedro Sánchez de prexudicar a Galicia para atacar a Feijóo [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
Monbús comeza a permitir reservar praza por internet en billetes adquiridos coas tarxetas de transporte da Xunta (TMG e Xente Nova), que implican desconto. O plan "piloto", dende o día 23, restrínxese aos traxectos Santiago - Lugo, Ourense - Lugo, Ourense - Pontevedra e Ourense – Vigo dentro das concesións XG802 e XG623, e será estendido "gradualmente". A principal concesionaria dos autobuses da Xunta indica que para poder reservar prazas, "os usuarios teñen que dirixirse á páxina web de Monbus e rexistrarse facilitando os seus datos persoais, o número da súa tarxeta TMG ou Xente Nova e abonar unha fianza de 10€". A compañía di "pretender evitar o uso indebido do sistema de reservas. [Imaxe: © Monbús]