A Audiencia de Lugo ordena reabrir o caso da Maruxaina ao entender que se comprometeu a intimidade das mulleres gravadas ouriñando. Hai unhas semanas o xuíz instrutor do caso reiterara que non vía delito nesas gravacións.
Fálase
Asociacións da patronal do transporte anuncian un paro da actividade nas súas empresas para vésperas de Nadal como protesta contra o Goberno de España. Este paro patronal está programado do 20 ao 22 de decembro e, segundo estas organizacións empresariais, "só un cambio radical e urxente" en diferentes políticas a respecto do sector podería evitalo.
O Goberno de España e a UE publican o documento coas condicións dos fondos europeos de recuperación pola COVID. Feijóo acusou esta mañá a Pedro Sánchez de ocultalo e esixiu ao PSdeG que o revelase. Entre os compromisos adquiridos figura incrementar o período de cálculo das pensións. Pódese consultar íntegro nesta ligazón.
Investigan a morte do ex conselleiro delegado do estaleiro Hijos de J. Barreras nun hotel de Madrid. Segundo adiantou El Mundo e publica Faro de Vigo, o cadáver de José Rosado, cargo de confianza do expresidente do estaleiro vigués Douglas Prothero –The Ritz-Carlton Yacht Collection–, foi atopado nunha habitación do Westing Palace de Madrid sen signos de violencia. O falecido, de orixe portorriqueña, formaba parte do consello de administración de Barreras [na imaxe © Hijos de Barreras un cruceiro en construción] e cesou do so seu cargo no mes de xullo, como o resto do equipo de Prothero.
Jácome destitúe o persoal eventual dos grupos da oposición do Concello de Ourense (3 do PSdeG, 1 do BNG e 1 de Ciudadanos). O líder de DO, que goberna en bipartito co PP, di sentirse "liberado para poñer en práctica" a "crenza" de que "o persoal eventual é persoal de alcaldía" tras recentes desencontros co resto de grupos.
A Asocación de Persoal de Residencias de Galicia (TreGa) mobilízase este luns en Vigo para "seguir denunciando as condicións laborais" que padecen e subliñar aspectos como que "estamos sen convenio colectivo dende o 31 de decembro de 2019". Tamén, advirten, algunhas empresas do sector non abonaron "os 300 euros para as traballadoras que estiveron en primeira liña" fronte á COVID malia "anunciáreno a bombo e platillo".
Ana Pontón abre a XVII Asemblea Nacional do BNG apelando a que sexa “un paso no camiño” para que a Xunta teña “unha presidencia nacionalista”. “Superamos o escepticismo, aos que nos citaban en pretérito, e hoxe o BNG é a segunda forza de Galiza”, di a voceira nacional. [Imaxe: CC-BY-NC-SA BNG]
Este domingo comeza a campaña da centola na Coruña e Pontevedra e do boi en toda a costa galega. En Lugo a centola poderá collerse a partir do 27 de novembro.
Máis de 253.000 persoas xa están vacinadas contra a gripe en Galicia, segundo informou a Xunta este sábado. A campaña, a primeira por quendas e unida á terceira dose da COVID para maiores de 80 anos, comezou hai tres semanas. O pasado ano administráronse 840.000 doses e este ano a Xunta adquiriu 885.000.
O Carballo do Bosque do Banquete de Conxo marcha en primeira posición no certame estatal para optar a ser a Árbore Europea do Ano. O Concello de Santiago anima a cidadanía a sumar máis apoios para fortalecer as súas posibilidades de vitoria. Pódese votar nesta ligazón