A Xunta publica no DOG os dez domingos e festivos en que autoriza a apertura de comercios durante 2022. Son os días 2 e 9 de xaneiro, 14 de abril, 26 de xuño, 27 de novembro e 4, 6, 8, 11 e 18 de decembro. Os concellos teñen agora un mes para solicitar se así o queren e xustifican a mudanza de dúas destas datas.
