A Fiscalía pide catro anos de cadea e 36 de inhabilitación apara o ex-alcalde de Coristanco por favorecer tres empresarios. O xuízo contra Antonio Pensado, rexedor polo PP durante máis de vinte anos, celebrarase o vindeiro 15 de outubro.
Fálase
A pandemia causou depresión e ansiedade a 129 millóns de persoas no mundo, segundo un macroestudo publicado na revista The Lancet e que debulla eldiario.es. Os casos destes trastornos aumentaron un 25% en 2020.
A Xunta publica no DOG o novo protocolo de medidas contra a COVID-19, marcado pola ampliación xeral das ocupacións máximas ao 90% e a flexibilización das distancias de seguridade nalgunhas actividades, entre outras mudanzas que poden ser consultadas aquí. Ratifica, ademais, a desaparición do mapa de restricións por concellos.
O Goberno de España aproba o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 cun teito de gasto superior aos 196.000 millóns de euros, entre eles 27.633 millóns de fondos europeos dos que algo máis do 80% van destinados a investimentos. O proxecto, que prevé maior recadación fiscal, incrementa as partidas sociais, sobe as pensións mínimas e contempla medidas como o bono cultural para a mocidade. O investimento previsto por comunidades autónomas será público a vindeira semana, cando as contas cheguen ao Congreso para iniciar a súa tramitación. Na imaxe, Pedro Sánchez e Yolanda Díaz antes do Consello de Ministros que aprobou o proxecto orzamentario. [Imaxe: Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
O BNG celebrará a súa Asemblea Nacional do 7 de novembro baixo o lema Gañar unha nova Galiza. A vicevoceira parlamentaria da formación, Olalla Rodil, e o secretario de Comunicación, Xavier Campos, presentaron este xoves unha asemblea que, indican, pretender "dar resposta á maioría social que quere cambio e ten como referencia a Ana Pontón". "Saímos a presidir a Xunta en 2024", aseguran. [Imaxe: CC-BY-NC-SA BNG]
- HEMEROTECA | A aguilloada de Ana Pontón
A Xunta celebrou minutos de silencio en todas as súas sedes e decretou tres días de loito oficial pola morte do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, asumirá o despacho da Consellería de Facenda e Administración Pública mentres Feijóo non nomee un novo titular.
O vindeiro martes 12 de outubro os 15 medios que forman parte da Plataforma de Medios Independentes, entre eles Praza.gal, publicarán unha nova enquisa sobre a Monarquía española, de novo realizada polo instituto de opinión 40dbES. A enquisa publicada o pasado ano, que tivo unha gran repercusión, reflectiu unha grande igualdade en Galicia entre a poboación a prol e en contra dun referendo sobre a continuidade da monarquía e tamén entre quen optarían por unha solución republicana e os que preferirían manter a actual situación.
📺VINTE almorzou con Jorge Coira en Cans, onde recibiu o premio de honra Pedrigree 2021. Cans é unha cita habitual para este director de cine e series, que empezou nos 90 facendo curtametraxes e que, tras a exitosa Hierro, comeza agora a rodaxe dunha nova serie para Movistar+, Rapa, tamén un thriller mais desta vez rodado en Ferrol e Cedeira
Pedro Sánchez anuncia que os Orzamentos Xerais do Estado incluirán "unha axuda directa de 400 euros" para que a mocidade, ao facer 18 anos, adquira bens e servizos culturais como "libros ou calquera actividade artística". Este "bono cultural", sinala o presidente do Goberno de España, pretende "axudar á mocidade e a unha industria fundamental" e vai na liña de medidas semellantes noutros Estados da UE como Francia ou Italia, exemplificou. A Xunta tamén anunciou un bono para consumo cultural que para o vindeiro novembro.
Morre dunha parada cardiorrespiratoria no seu despacho o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez. Todo o Goberno galego suspende a súa axenda oficial.