CIG, UGT e CC.OO. proporán folga de autobuses na provincia da Coruña en decembro "en resposta á parálise na negociación do convenio colectivo" durante "cinco anos". As tres centrais sindicais dispóñense a trasladar a proposta ás asembleas de persoal e convocan unha primeira manifestación para o 10 de novembro dende a estación de autobuses coruñesa. Os sindicatos instan a Xunta a que, "como titular dos contratos de transporte, interveña e inste a patronal a unha negociación real" para "evitar a folga nun servizo público que cada día usan milleiros de persoas".